O Rácing despídese, por lesión, de Raúl Blanco e Erick Cabaco

O primeiro por fractura e o segundo terá que pasar polo quirófano por unha "rotura na plastia do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito". 

 

O Ferrol adestrando para o compromiso deste sábado. (Foto: Rácing de Ferrol)
O Ferrol adestrando para o compromiso deste sábado. (Foto: Rácing de Ferrol)

O Rácing de Ferrol comunicou esta quinta feira no seu parte médico semanal que o club non poderá contar con Raúl Blanco e Erick Cabaco, o primeiro por fractura e o segundo terá que pasar polo quirófano por unha "rotura na plastia do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito". 

O moañés, cedido no mercado invernal polo Casa Pia de Portugal, non volverá vestirse coas cores do Rácing e o central uruguaio xa chegou cunha lesión de xeonllo. Alén destes dous xogadores, tamén hai novidades sobre o estado do lateral de  Aitor Buñuel, que pasou por quirófano para acabar coas secuelas oculares despois do momento con Pablo Vázquez en Riazor no partido contra o Dépor

Outra das dúbidas no equipo ferrolán é a de Luis Perea, que arrastra unha "escordadura na articulación tibioastragalina do nocello esquerdo" e disputou o seu último partido o 5 de marzo fronte ao Burgos. Continúa, indican, traballando polo de agora "á marxe do grupo". Polo menos dous meses despois coñécense as causas da súa ausencia.

Zakaria Eddahchouri

Na casa do Deportivo compareceu esta fin de semana Zakaria Eddahchouri en rolda de prensa para valorar a súa primeira tempada xogando en Riazor. "Estou moi contento de estar aquí, de axudar ao equipo", foron as súa primeiras palabras. Asegura estar "motivado" para a tempada vindeira, sobre todo despois de vir  "de pasar anos complicados".

A nivel individual, o dianteiro holandés confesa que no Dépor séntese "ben. O ambiente é bo, igual que cando cheguei. Síntome ben e todo vai ben". Quere neste recta final "facelo o mellor posíbel, axudar ao equipo todo o que poida, semana a semana. Se consigo dar o mellor de min, estou satisfeito". 

Con catro goles anotados desde a súa chegada o pasado mes de xaneiro ao equipo que dirixe Óscar Gilsanz, Eddahchouri subliña que "o meu obxectivo é sempre que podo axudar ao equipo. Se é con goles fantástico pero se non tamén dando goles ou axudando na presión, ou defendendo. Os goles non son a parte máis importante". 

Por último, cre que o feito de ter marcado todos os seus goles en partidos xogados co estadio de Riazor é unha mera coincidencia aínda que si apunta que a sensación de xogar no estadio "é moi boa co que nos apoia. Síntome máis arroupado, con máis enerxía".

Comentarios