O Obradoiro presenta o veterano base Albert Oliver

O xogador catalán de 42 anos chega ao conxunto compostelán por dous meses para suplir o lesionado Kartal Ozmizrak.
albert_oliver_obradoiro_baloncesto
photo_camera Oliver, pouco antes de comezar o seu primeiro adestramento (Nós Diario)

O Monbus Obradoiro presentou na terza feira, 15 de setembro, oficialmente o base Albert Oliver nas instalacións en Santiago de Nissan Caeiro, un dos patrocinadores do club compostelán. Oliver fixo o pasado mes de xuño 42 anos. O base catalán, chega procedente do Coosur Betis, que viu interrompida a tempada polo parón producido pola Covid-19 e tampouco puido disputar a fase final.

Oliver mantíñase sen equipo, até que a lesión do xogador do Obradoiro Kartal Ozmizrak fixo que o conxunto compostelán botase man dela para os próximos dous meses. Na segunda feira, tras superar as probas físicas e o PCR xa puido poñerse baixo as ordes de Moncho Fernández.

Axiña debute coa súa nova camiseta, Oliver entrará na listaxe de dos xogadores máis veteranos que xogaron na Liga Endesa. Faríao, mínimo con 42 anos e 3 meses, superando ao cuarto da clasificación que é até a data é Andre Turner (42 anos e 2 meses). A seguir estarían Joan Creus (42 anos e 5 meses), a quen tamén podería superar. Para o resto de chanzos xa tería que esperar á tempada 2021/2022: Mike Higgins (43 anos e 3 meses) e Darryll Middleton (44 anos) seguirían por diante.

Oliver disputou 22 partidos co Coosur Betis a tempada pasada, todos saíndo desde o banco. Promediou 5,6 puntos e 2,1 asistencias en 14 minutos de xogo. Superou no apartado da anotación as cifras da campaña 2018-2019 (4.5), mais na 2019-2020 foi na que rexistrou os números máis baixos en canto a asistencias desde que fixo o seu debut na Liga Endesa.

As porcentaxes de acerto de cara ao aro foron óptimas. Tivo un acerto de 43% en tiros de campo, números que non alcanzaba desde a tempada 2010-2011 que disputou co Movistar Estudiantes. E 39% en lanzamentos de tres puntos, algo que non conseguira en toda a súa carreira na ACB. Ademais, reduciu as súas perdas até as 1,18 por encontro (1,31 a tempada ano anterior cos mesmos minutos xogados).

Inicio da Liga

O Obradoiro recibirá o vindeiro sábado, ás 18 horas, ao Fuenlabrada, no primeiro partido da competición. O equipo compostelán despediu a pretempada a pasada fin de semana vencendo ao Bilbao Basket por 69-76, nun partido disputado no pavillón Luis Riera Posada de Oviedo.

Comentarios