O Depor tira proveito de Zaragoza, Granada e Osasuna perderen folgos

Excelente xornada para os intereses deportivistas. Caíron Zaragoza (0-3 co Barcelona), Granada (5-0 no Calderón) e Osasuna (1-0 en Málaga). O combo de Fernando está agora 2 pontos por enriba da liña de salvación.

Non puideron correr mellor as cousas para a equipa galega este domingo. O Zaragoza non tivo opción ningunha face unha versión B do Barcelona que, sen Messi, goleou a vontade na Romareda. A mesma historia protagonizouna o Granada, varrido no Calderón por un furioso Atlético. Osasuna estivo máis perto de puntuar, mas acabou por ceder os tres pontos na casa do Málaga.

Así as cousas, o ciclo vitorioso de 4 triunfos consecutivos do Deportivo coloca a equipa treinada por Fernando Vázquez con 29 pontos, 2 por enriba da liña de salvación que agora demarca o Zaragoza.

Se o Deportivo gañar o Athletic Club o vindeiro domingo 21 de Abril (Riazor, 17 horas), o combo branco e azul daría un paso de xigante no seu propósito de ficar na elite do fútebol estatal.

Comentarios