SEGUNDA DIVISIÓN

O Celta gaña, convence e aumenta as súas opcións de ascenso directo

Os celestes derrotaron o Sabadell (1-2) nun partido en que exhibiron unha gran potencia ofensiva
Orellana, contundencia celtista
photo_camera Orellana, contundencia celtista

Se a metade dunha vitoria se alcanza polo estado de ánimo do equipo, o Celta amosou en Sabadell (onde gañou 1-2) que medio partido estaba gañado ao saltar ao campo. Os celestes exhibiron un fútbol de ataque no que as combinacións entre media e dianteira ben puideron traducirse en máis goles. Alén diso, o Celta mostrou no céspede a fortaleza da súa convicción, pois nin encaixando un gol a piques de finalizar a primeira parte (tanto co que empataban os do Sabadell tras o 0-1 de Alex López) lle quitou ánimo. Mantiveron o esquema e a aposta por gañar, sabedores de que nesta recta final os empates son derrotas disfrazadas, pois pouco valen na loita para agarrarse ao ascenso directo

E 12 minutos antes de que o árbitro asubiase o final do partido, chegou, das botas de Orellana, o gol do triunfo, un tanto que vale non só tres puntos, senón unha tarxeta de embarque para estar na primera liña de abordaxe ao segundo posto da Segunda División.

Comentarios