Louzán seguirá á fronte da Federación Galega de Fútbol

O ex político do PP era o único candidato
Rafael Louzán, nunha imaxe de arquivo (Foto: Europa Press).
photo_camera Rafael Louzán, nunha imaxe de arquivo (Foto: Europa Press).

Rafael Louzán continuará á fronte da Real Federación Galega de Fútbol (RGFG) nun terceiro mandato.

Logo das súas vitorias de decembro de 2014 e 2018, o ex presidente  popular da Deputación de Pontevedra seguirá á fronte do organismo reitor do deporte rei na Galiza durante catro anos máis. 

O ex presidente da Deputación de Pontevedra leva no cargo desde 2014

Os múltiples escándalos dun home que en maio deste ano viu ratificada a súa inhabilitación para emprego ou cargo público por cometer un delito de prevaricación durante á súa etapa á fronte do ente provincial, ou a súa resistencia a traer de volta unha selección galega de fútbol que non compite desde 2016, non impediron unha continuidade que parecía obvia tendo en conta que era o único candidato que se presentou. 

O BNG pedíu a reprobación de Louizán en maio de 2021

Nas vindeiras semanas serán convocados todos os asambleístas elixidos para constituír a nova Asemblea Xeral e dar o pistoletazo de saída do novo período 2023-2026, que terá á fronte un Louzán que sacou peito: "Seguramente cometemos erros, pero non estou para pórme de perfil, senón para tomar decisións e poñer iniciativas en marcha".

Comentarios