Fútbol

Por que a Superliga deberá cambiar o seu nome?

A causa é un problema coa principal competición futbolística de Dinamarca.
Florentino Pérez é o presidente do Real Madrid (Foto: Europa Press).
photo_camera Florentino Pérez é o presidente do Real Madrid (Foto: Europa Press).

A Superliga de fútbol deberá cambiar a súa denominación, despois de que a liga danesa, coñecida como 3F Superliga, recibise onte a "plena aprobación" da Unión Europea, confirmando que a autoridade de marcas da UE sinalou que "non se pode permitir que unha posíbel futura competición continental rexistre ese nome como marca comercial", segundo explicaron nun comunicado os clubs daneses que conforman ese certame  que actualmente lidera o FC Midtjylland de Xutlandia.

O proxecto, liderado polo presidente do Real Madrid, Florentino Pérez, co apoio do máximo mandatario do Barcelona, Joan Laporta, e baixo a coordinación da empresa A22 Sports e o seu CEO, Bernd Reichart, apostou polo nome 'Superliga Europea' para o lanzamento dun novo proxecto de competición de fútbol de clubs a nivel continental.

O 'Caso Superliga', de novo ante a Xustiza

Este novo torneo tamén está de actualidade porque no día de hoxe o xulgado do Mercantil número 17 de Madrid acolle a vista do procedemento ordinario, en materia de defensa da competencia, no que se ditaminará se UEFA e FIFA abusaron de posición dominante, tal e como indicou o Tribunal de Xustiza da UE.

Comentarios