Escocia cae con honra ante Chequia

A Eurocopa dá os seus primeiros pasos marcada polo dramático incidente padecido polo danés Eriksen, que opacou o elevado nivel de xogo exhibido até o de agora nuns partidos caracterizados por un ritmo e unha velocidade maiúsculas en comparación co que se pode ver cada fin de semana na 
Robertson, capitán de Escocia, desolado logo de caer no regreso da 'Tartan Army' á Euro 25 anos despois. (Foto: UEFA).
photo_camera Robertson, capitán de Escocia, desolado logo de caer no regreso da 'Tartan Army' á Euro 25 anos despois. (Foto: UEFA).

A Eurocopa, o segundo torneo futbolístico máis importante do planeta -con perdón das fanáticas da Copa América, que botou a andar antonte en Brasil- arrancou a súa edición máis particular dun modo fulgurante, cunha serie de partidos que tiveron como característica común a velocidade, a intensidade e un ritmo frenético que moitas seareiras do país, acostumadas a seguir unicamente os partidos da liga española, crían extinguidas do deporte rei, afeitas xa a que o mal uso dun VAR que baixo o dominio de Tebas só serve para interromper constantemente uns encontros que se estenden até unhas cifras de minutos impropias do fútbol.

A única mácula no que vai de torneo continental foi o susto protagonizado polo danés Christian Eriksen, que en pleno partido contra Finlandia caeu sen sentido sobre o terreo de xogo.

Sufríu un paro cardíaco do que sobreviviu grazas á rápida actuación do seu capitán, Simon Kjaer, e das profesionais sanitarias, que conseguiron reanimar a estrela do Inter de Milan logo de varios minutos practicándolle a reanimación cardiopulmonar mentres os seus compañeiros exercían de pantalla, nunhas imaxes que xa son historia da Eurocopa.

No eido estritamente deportivo non houbo sorpresas alén da lóxica derrota ante a debutante Finlandia dunha Dinamarca esnaquizada psicoloxicamente polo acontecido coa súa gran estrela.

Así, Inglaterra, Holanda e Italia superaron todos os seus partidos con vitorias, e na cuarta feira será a quenda de seguir as evolucións do coñecido como 'Grupo da morte', que integra á modesta Hungría con tres monstros como Portugal, Francia e Alemaña.

Inxusta derrota escocesa

No día de hoxe tivo lugar, 25 anos despois, o regreso de Escocia a unha Eurocopa. Ao contrario do que acontece con Galiza, esta nación sen Estado pode competir oficialmente, perdendo inmerecidamente por 0-2 ante unha República Checa que sentenciou o partido cun espectacular gol desde o centro do campo.

Por outra banda, Polonia caeu contra prognóstico ante Eslovaquia (1-2), lastrada pola primeira expulsión no que vai de torneo.

Comentarios