O Celta di adeus a un ciclo

A afección homenaxeou Berizzo na despedida do adestrador de Balaídos. Un empate coa Real (2-2) puxo o ramo a unha tempada histórica.

celta real toto aspas
photo_camera Imaxe: La Liga

Un empate contra a Real Sociedade –que sacou billete para as competicións europeas- puxo o ramo o domingo en Balaídos a unha campaña histórica do Celta. Algo do que é moi consciente a afección, que tributou unha sentida homenaxe a Berizzo, que se despedía do club que levou a semifinais europeoas e da Copa do Rei nunha única tempada. ‘Grazas Toto por facernos soñar’ foi unha das faixa visíbeis no estadio. A marcha do adestrador arxentino non senta nada ben na afección, que non entende a postura de presidente e directa do club celestes, a quen responsabiliza de que Toto non fique no Celta.

O Celta non foi quen de obter unha vitoria para despedir o Toto. Embora os dous goles, volveu amosar algo que lle faltou nesta parte final da tempada: acerto goleador. E iso que Aspas logrou o ‘Trofeo Zarra’. A bola volveu ser cousa dos celestes fronte unha Erreala que fiaba todo a aproveitar as ocasións. Cousa que fixo até o último segundo e que lle permitiu lograr un punto que a leva a Europa.

A despedida da tempada ten arrecendo a final de ciclo. Sabíao Balaídos, que deixou claro que está con Berizzo. E tamén os xogadores, que lle dedicaron goles (Aspas) e mostras de apoio ao finalizar o encontro. Un corro con xogadores e equipo técnico pon o ramo a tres tempadas máxicas nas que o celtismo soñou que calquera cousa era posíbel.

Ficha

Celta (2): Sergio, Roncaglia, Cabral, Fontàs, Jonny, Marcelo Díaz, Wass (Hjulsager, min.70), Pablo Hdez., Iago Aspas, Sisto (Pape, min.83), Guidetti (Jozabed, min.45).

2Real Sociedad (2): Rulli, Illarra, Íñigo Martínez, Xabi Prieto, Carlos Vela (Canales, min.55), Willian José (Juanmi, min.65), Aritz, Zurutuza, Oyarzabal (Bautista, min.88), Yuri, Odriozola.

Goles: Iago Aspas, de penalti (1-0, min.54); Oyarzabal (1-1, min.81); Hjulsager (2-1, min.90); Juanmi (2-2, min.93).

Árbitro: Sánchez Martínez, do comité murciano. Amoestou Cabral, Roncaglia (Celta); Illarra (Real Sociedad).

Campo: Balaídos (14.188 espectadores).

Comentarios