venres 18/09/20

A Billarda será recoñecida como deporte pola Xunta

As representantes da Liga Nacional de Billarda (LNB) mantiveron durante a xornada de onte unha reunión co secretario xeral para o Deporte (SCX), José Ramón Lete Lasa, na que, como ambas partes recoñeceron a Nós Diario, se acordou "recoñecer a billarda como modalidade deportiva".

Ricar Verde (LNB Rías Baixas), Xan Rodiño (LNB Rías Baixas), Lete Lata (Secretario Xeral para o Deporte), Lorena Saavedra (LNB Norleste), Bego Ríos (LNB Rías Baixas) e Lois Fontán (LNB Noroeste). Foto: (LNB)

Desde a LNB móstranse "satisfeitos", e consideran "fundamental" este paso, porque "garantiza o futuro da práctica da billarda, pois permitirá entrar no deporte escolar dos colexios".

Unanimidade arredor da billarda

Este acordo é froito dunha proposición non de lei -presentada polo BNG en abril do 2019 coa emenda do PP e que foi aprobada por unanimidade o 4 de xuño de 2019- que instaba o Goberno galego a recoñecer a billarda como modalidade deportiva e a iniciar conversas cos colectivos implicados para crear unha futura federación de deportes autóctonos. 

A finais de decembro de 2019 modificáronse varios artigos da Lei do Deporte da Galiza que farán posíbel a súa creación, mais na Secretaría Xeral do Deporte non concretan prazos, aínda que desde a Liga Nacional de Billarda revelan que Lete Lasa se comprometeu a que se fixese todo o procedemento administrativo que estivese na súa man "o máis rápido posíbel".

comentarios