Balaídos vive outra xornada máxica

O Celta remonta un marcador en contra de 0-2 ante o Betis e remata levándose os tres puntos despois de tres goles na segunda parte.
Fran Beltrán, onte, en Balaídos (Foto: RC Celta)
Fran Beltrán, este sábado, en Balaídos (Foto: RC Celta)

O equipo de Claudio Giráldez volveu deixar a súa pegada en Balaídos. Cunha afección que non deixou de animar en ningún momento, tirou de heroicidade para recuperar un encontro que comezou co marcador en contra.

Os celestes dominaron no terreo de xogo e deron o primeiro aviso aos dous minutos cunha parede entre Mingueza e Durán na área que non continuou polo fóra de xogo do catalán.

A posición incorrecta tamén afectou ao Betis, cunha oportunidade de Bakambu e aos sete minutos foi Pablo Durán quen puido marcar na portaría que defendía Adrián.

Aos oito chega o primeiro cartón amarelo, que reaceu en Perraud por derrubar por detrás a Alfon. Dous minutos despois adiantábanse os verdibrancos despois dunha pelota sen dono na área que Antony transforma en gol.

O Celta non deixou de meter presión na área andaluza malia que o Betis achegouse en varias ocasións á portaría de Guaita.

No minuto 22 chega o segundo do Betis tras un córner que saca Isco e peitea co ombreiro Marc Roca para que marque Llorente.

Porén, o celta seguiu pelexando e catro minutos despois case marca Iker Losada tras un erro de Antony na frontal da área.

O Betis tentou certificar a vitoria cun remate de Bakambu que vai á madeira e pouco despois outro de Jesús Rodríguez.

O Celta apertou antes de chegar o descanso, con ocasións de Mingueza, Javi Rodríguez e Durán.

Segunda parte heroica

Xa na segunda parte veu o festival do equipo de Giráldez. Mingueza foi o máis activo dos celestes, atopando ocos no campo andaluz. Ambos os dous equipos prepararon cambios. O primeiro en mover o banco foi o Betis, coa entrada de Vitor Roque e Altimira en lugar de Bakambu e Marc Roca. Despois será Giráldez quen mova ficha e dá entrada a Williot e Fer López por Alfon e Iker Losada.

Nunha xogada en ataque celeste que non defende o Betis, Durán ponlle a pelota a Beltrán que marca o primeiro para o Celta.

Cando os andaluces tentaban repoñerse do gol, outra xogada pola esquerda de Hugo Álvarez que remata Durán e sobre a liña toca Javi Rodríguez pon o empate no marcador.

Minutos despois, Antony leva o cartón amarelo por finxir un penalti e, pouco despois, será Marcos Alonso quen leve o mesmo castigo por unha falta ao dianteiro bético.

O Betis volve aos cambios e entran Lo Celso e Abde por Jesús Rodríguez e Antony. O partido entra nun momento de ataques e contraataques cun Williot cada vez máis perigoso.

Giráldez move outra vez o banco e non para que entre Iago Aspas. Os cambios son a entrada de Borja Iglesias e Carreira por Mingueza e Durán.

Varios avisos do Betis alertan da posibilidade de que os andaluces leven o premio dos tres puntos.

Porén, no minuto 87, Williot remata e Ortiz para desviar o xusto e pór por diante ao Celta no marcador certificando a remontada. Antes dos 90 minutos, Giráldez muda Hugo Sotelo por Jailson.

Nos seis minutos de engadido o Celta defendeu o resultado e viñeron os nervios por parte andaluza. Levan cartón amarelo Borja Iglesias, Vitor Roque e Fran Beltrán

Valoración dos técnicos

Nas comparecencias dos técnicos, o primeiro en saír foi Pellegrini que non quixo entrar en polémicas e salientou que “tivemos o partido asegurado na primeira parte e non fomos quen de mantelo”.

Giráldez, pola súa parte, puxo o foco que nesta vitoria tivo moito a ver “a defensa” para logo lembrar “o mérito de levar o partido con xogadores tan novos”.

Neste sentido, o do Porriño repetiu que o seu “é un equipo que quere gañar” e agradeceu o apoio da afección “sobre todo na segunda parte”.

Dos erros na primeira parte, o adestrador resumiunos “nunha unha mala defensa e despois nun balón parado onde non estivemos certeiros, iso penalizounos”.

“Os xogadores seguen a crer no que facemos polo que partido como os de hoxe valen algo máis que os tres puntos”, concluíu.

Comentarios