O Atlético Guardés abre a pelexa polo título ligueiro contra o Rocasa

As da Guarda continúan co seu maratón de partidos importantes.
As da Guarda venceron nos seus dous últimos enfrontamentos. (Foto: Rocasa Gran Canaria).
photo_camera Tanto Guardés como Rocasa queren a máxima vantaxe posíbel de cara ao partido de volta (Foto: Rocasa Gran Canaria).

Sen apenas tempo para recuperarse despois do titánico esforzo que o levou a golpear primeiro na final da Copa Europea que o enfronta co Konyaalti, o Atlético Guardés afronta outro compromiso de vital transcendencia, o partido de ida da primeira rolda do play-off polo título ligueiro que o enfronta contra o Rocasa Gran Canaria hoxe ás 20 horas no Pavillón da Sangriña.

Cambios na cúpula da Federación Galega

A finais do pasado mes de novembro, o carballés Bruno López foi reelixido como máximo responsábel da Federación Galega de Balonmán (FGB). Agora, e agora, logo dunha reunión presencial, o organismo fai públicas as principais novidades na súa xunta directiva. 

O presidente explicou que,  "aínda que a toma de posesión se levou a cabo en febreiro, a alta actividade na que está inmersa a Federación nos últimos meses non permitiu realizar unha xuntanza en condicións".

"Levamos uns meses moi intensos nos que non nos podiamos permitir parar, aínda que xa perfilamos a nova estrutura directiva, porque o prioritario era rematar a tempada do mellor xeito posible, pero a partir de xuño intensificaremos as reunións de traballo", engadiu.

Tamén deu a coñecer as caras novas que o acompañarán neste novo mandato, incorporándose á súa xunta directiva Rubén González (directivo e adestrador do Lalín), Mariluz Sanromán (ex traballadora da FGB), Aurelio Barreiro (delegado federativo na homóloga estatal) e Shaila Bautista (experta no balonmán de base galego).

López manifestou a súa "alegría" polas chegada das catro novidades anteditas, que encaixan na súa visión de trazar "un proxecto continuísta, pero con posibilidades de dar un paso adiante na mellora do balonmán galego".

Comentarios