Regata

'Aceites Abril' e 'Magical', favoritos do Vila de Bouzas-Concello de Vigo

A participacióndo Trofeo Vila de Bouzas podería chegar a 50 embarcacións.
O Swan 42 Magical de Julio Rodríguez(Foto: Juan Caballero).
photo_camera O Swan 42 Magical de Julio Rodríguez(Foto: Juan Caballero).

O lendario Trofeo Vila de Bouzas (Vigo), organizado polo Liceo Marítimo, volverá este ano ao campo de regatas das Illas Cíes. Contará como o terceiro do Trofeo Concello de Vigo e o quinto da Semana Abanca ademais de entrar co rango de Campionato Ibérico de tripulacións reducidas (para dúas e tres tripulantes).

A última hora, xa se superaran as 40 embarcacións, polo que desde o Liceo agardan que superen antes de comezar a proba os medio cento.

Desta maneira sería a segunda cita máis numerosa da tempada. 

Embarcacións participantes

Salientan como participantes o Swan 42 Magical co vigués Julio Rodríguez aos mandos e o Swan 45 Aceites Abril con Jorge e Luís Pérez Canle de patróns. Ambos os dous barcos chegan moi igualados na súa pelexa particular, e o que venza nesta proba de Bouzas será o mellor barco da tempada de regatas de primeiro nivel do oeste da Península Ibérica. 

Ademais, competirán dous barcos do Monte Real Club de YatesSprit, Ai Carmela e o Smaku, este último con Alfonso Rodríguez como patrón e tripulación o Liceo Marítimo de Bouzas.

Desde a organización salientan o traballo do navegante de Cangas Lucas Alvarez, que logrou reunir na categoría Concentración Náutica vinte cruceiros con unidades tan sinaladas como o Menudeta, Arroutado, Sabela, Toya, Trasgo ou Eider. 

Por outra parte, desde a organización decidiron atrasar a hora de saída este ano, fixada inicialmente para as doce da mañá, unha hora. Por este motivo as embarcacións terán que comezar a partir das 13 horas. Desta maneira quérese que a numerosa frota convocada non agarde máis do tempo preciso na ría á espera da entrada do anhelado vento.

Comentarios