Volve o Revenidas izando solidariedade e feminismo
A décimo sexta edición do festival Revenidas apresentouse no concello de Vilaxoán, en cuxo porto mariñeiro decorrerán durante os días 9, 10 e 11 de agosto diversas actividades culturais, sociais e musicais. O festival aposta un ano máis no seu carácter solidario, desenvolvendo actividades enraizadas coa cultura galega e a sustentabilidade.
O Revenidas propón unha reivindicación do circo feminino
O Revenidas propón así unha reivindicación do circo feminino que contará o sábado 10 de agosto a partir das 17.30 horas coas artistas Isabel Risco, Pajarito, Patty Diphusa, Mireia, Desastronauts e a música de Brassica Rapa.
O parque de Dona Concha tamén será punto de encontro gastronómico do festival, no que se celebrará un ano máis a multitudinaria Gran Sardiñada Popular onde se despacharán 1.000 quilos de sardiñas.
Os concertos do Revenidas arrincan a sexta feira 9 de agosto ás 20 horas coas actuacións de Desakato, The Baboon Show, Hard GZ, Mal Elevé, Erin, Tribade, Flow do Toxo e Ferromona DJ.
Os concertos do Revenidas arrincan a sexta feira 9 de agosto ás 20 horas
O día grande, o sábado 10, comezará ás 13 horas no parque de Dona Concha con varias actividades de balde para todos os públicos: Gran Sardiñada Popular, Gala de Circo pro Refuxiadas e pasarrúas con Os Terribles de Arousa, Brassica Rapa e a orixinal proposta con atmosfera poética de Thomas Dylan & Balea.
O mesmo día, a partir das 20 horas tocarán Gatillazo, Talco, Skacha, Los Caligaris, Rebeliom do Inframundo, Valira, El Niño de la Hipoteca, TNT, e DJ Plan B.
O domingo 11 de agosto o día iniciará cos concertos de Carolina Rubirosa, Dakidarría en acústico e Punkinfantil no parque de Dona Concha para dar inicio a un fin de festa que culminará no recinto dos concertos da man de Gogol Bordello, Nao, Doctor Krapula, Gambeat, Los Jinetes del Trópico, Bastards on Parade, o Leo Arremecághona, Chocolate Remix e La Duendeneta.
Os abonos xa están á venda para os tres días, inclúen a acampada e pódense mercar a través da páxina www.revenidas.com
O parque de Dona Concha tamén será punto de encontro gastronómico do festiva
Unha experiencia marítima
O mar e o festival están estreitamente relacionados. Por iso, nesta edición as persoas asistentes poderán vivir unha “experiencia marítima única pola Ría de Arousa a bordo do Chasula”, unha embarcación tradicional na que se poderá gozar de música ao vivo e dunha exclusiva degustación gastronómica de produtos galegos, tal e como informaron desde a organización do evento.
Esta actividade contará con tres saídas o sábado 10 a cargo do Leo, Gabri Dakidarría e Ugía Pedreira e outras tres o domingo 11 a cargo de Los Jinetes del Trópico, Zeltia Irevire e Gramola.
Na apresentación tamén participaron Jacobo Sutil, director da AGADIC; Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía de Arousa e Peter Punk, artista participante nesta edición.