"Un verán con Castelao" dá a coñecer os 45 relatos gañadores
O certame literario Un verán con Castelao, convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e Sermos Galiza S.A., vén de facer públicos os resultados da súa edición 2025. A iniciativa, dirixida ao alumnado do ensino secundario galego, procura fomentar a creatividade en lingua galega e achegar as novas xeracións á figura e pensamento de Castelao.
Nesta edición participaron perto de cen autores e autoras. O xurado, composto por Martin Pawley, colaborador de Nós Diario, e Tensi Xesteira, crítica literaria do semanario Sermos Galiza, avaliou os traballos segundo cinco criterios: tratamento da figura de Castelao, calidade literaria e estilo narrativo, corrección lingüística, creatividade e orixinalidade e capacidade de evocación e impacto.
Os 45 relatos escollidos serán publicados diariamente nos meses de xullo e agosto na edición impresa de Nós Diario, no caderno de verán Máis, abrindo unha fiestra diaria á creatividade da mocidade.
A continuación detállase a lista de relatos seleccionados coa autoría correspondente:
- As dúas de sempre, Brezo Verea Nieto.
- Aqueles que non soñan máis que cando durmen, R. Moragh Rodríguez Craven.
- O pai de Nidal, María Blanco Iglesias.
- Nacín na mesma terra ca ti, Liu Lens Lojo.
- Os nomes que non dixeches, Lidia Manzanera Fachado.
- O caderno do exilio, Antía Vidal Gómez.
- O ollo de vidro que nada ve, Silvia Álvarez Penín.
- A lembranza de Lela, Carla Rey Batalla.
- A memoria dos afogados, Celia Rey Losada.
- Cousas e arquivos, Mariela Gonzalez Morano.
- As aulas baleiras, Salma Touriño Fernández.
- A noite das historias da avoa Virxinia, Aroa Pantín Neira.
- Letras entre amigos, Aldara Rodríguez Rodríguez.
- Non deixes que o mundo apague a túa luz, Dalia Dopico Rodríguez.
- O pai de Migueliño, Lucía Gil Batalla.
- O esquecemento dos cantos, Lucía González Viana.
- O derradeiro debuxo de Castelao, Oscar Martinez Fernández.
- O mundo secreto de Castelao, Iago Neira López.
- A derradeira viaxe de Rafael e Castelao, Hugo Pérez Magariños.
- Aquel verán, Naomi Rodríguez Fariño.
- Cartas para ninguén, Xavela Barreiro Rodríguez.
- Castelao en chancletas, Ainoa Penas Rosa.
- O soño de Bieito, Breogán Vilasoa Triñanes.
- FálaNOS de Castelao, Jimena Dominguez García.
- A luz que volve dende Rianxo, Andrea Fungueiriño Romay.
- Diario dunha longa viaxe, Ana Vieitez Conde.
- Nunca choveu que non escampara, Rita Castiñeiras Suárez.
- Crime no bar Castelao, Pablo Rodríguez Rodríguez.
- O lapis que pensa, Lucía Bermúdez Alcalde.
- O verán no que coñecín a Castelao, Imane Oubella.
- Unha viaxe entre séculos, Clara Fernández Ordóñez.
- Castelao e o neno gazatí, Sabela Rial Rego
- A última viaxe de Castelao, Hugo Seoane Monterroso.
- A ponte dos soños, Mateo Freiría Lorenzo.
- Amar non esquece, Carmela González Patiño.
- Entre debuxos e sombras, Tania Castaño Alcalde.
- O camareiro, Mencía Rodíguez Lorenzo.
- Un verán con Castelao, Damián Rodríguez.
- Unha serea na nosa bandeira, Candela Xamardo Resúa.
- Leonor, Aroa Leira Morado.
- E ti sabes quen é Castelao, Andrea Adán López.
- Melide, inverno de 1946, Belén Blanco Rodríguez.
- Ramón Carballo, Noa Abellán López.
- Oito noites, Lucía Davila Galbán.
- Por obra e graza, Rebeca Dobaño Fernández.
A organización agradece a extraordinaria acollida da convocatoria e o entusiasmo co que o estudantado galego respondeu a este convite creativo.
