Un total de 84 obras compiten polos Premios Xerais

Os gañadores nas tres categorías coñeceranse o 11 de decembro.

 

premios xerais

Os xurados declararán as obras finalistas nas diferentes categorías na súa primeira reunión, que terá lugar o 3 de decembro. Os premios coñeceranse o sábado 11 de decembro.

O xurado da XXXVIII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.000 euros e no que concorren 44 obras, está formado por: María López Suárez (filóloga, correctora e tradutora), Iria Veiga Ramos (médica psiquiatra e divulgadora científica), Francisco Novo  (xornalista da TVG), Irene Pin (xornalista e creadora audiovisual), Rosalía Grandal Montero (profesora de ensino secundario) e Xosé Manuel Moo Pedrosa (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto.

María Marco Covelo, Antonio Manuel Fraga e Andrea Maceiras gañaron os Premios Xerais na edición de 2020

14 obras presentáronse á XIII edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros e cun xurado formado por: Antía Paz Cabezas (xornalista), Violeta Meléndrez Doval (bookstagramer), Damián Alonso Lorenzo (formador artístico) María Rúa Rodríguez (creadora de contidos e estudante), Nee Barros Fernández (dramaturgue, poeta e estudante) e Ramón Domínguez Veiga (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto.

O xurado da XXXVI edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros e no que concorren 26 obras, está formado por: Bea Campos (actriz e contadora), Marta Fernández Carneiro (mestra e membro da asociación Espazo Lectura), Irene Pérez  (estudante e bookstagramer), Iván R. (ilustrador), Daniel Portela (estudante de xornalismo e coordinador dun club de lectura xuvenil) e Anaír Rodríguez (secretaria do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto.

María Marco Covelo, Antonio Manuel Fraga e Andrea Maceiras gañaron os Premios Xerais na edición de 2020. 

Comentarios