Subida ao Pico Sacro a rememorar o 'Alba de Groria' de Castelao


O sábado 22 de xullo volve celebrarse a visita ao Pico Sacro para ler o 'Alba de Groria' e lembrar a excursión que Castelao fixo a este monte mítico en xullo de 1924. 

picosacro
photo_camera Pico Sacro [Foto: Santiago Turismo]

O Pico Sacro non é un monte calquera. Ducias de lendas así nolo recordan. E a visita de Castelao en 1924 convertiuno tamén nun emblema do galeguismo. E desde 2011 vense lembrando este feito cun acto que a A.C. Vagalumes e O Galo organizan anualmente.

castelao-picosacr

Desta volta a visita terá lugar este sábado 22 de xullo, que comezará ás 12 horas cun recitado dun poema de Marcial Valladares dedicado á fonte do Pico Sacro e coa benvida na chaira da capela deste monte a cargo da escritora Marica Campo. A continuación terá lugar a subida do último treito do cumio do Pico Sacro, con parada no Paso da Raíña Lupa onde tocará unhas pezas o gaiteiro Alberte Vigo da asociación cultural Manuel Gacio de Lestedo.

Posteriormente baixarase ao adro da capela do monte, con paradas nas dúas covas do Pico para escoitar as explicacións a cargo de Ilonda Aldrei. E, para rematar, actuarán o grupo de pandereteiras Raiola da asociación Manuel Gacio de Lestedo e o grupo A Requinta de Xián.

Logo a organización ten planeado un xantar optativo e, pola tarde, un roteiro guiado con partes a pé e en coche pola zona. 

comentarios