'Saudade, saudade', o título en galego que irá a Eurovisión

Maro foi a artista gañadora do Festival da Cançao e representará a Portugal no certame europeo.
Maro representará a Portugal en Eurovisión. (Foto:Eurovision Wordl).
photo_camera Maro representará a Portugal en Eurovisión. (Foto:Eurovision Wordl).

A canción Saudade, saudade, de Maro, foi a vencedora do Festival da Cançao, o concurso anual que organiza a RTP desde 1964.

Como gañadora, representará a Portugal no certame europeo que este ano terá lugar en Turín (Italia), no mes de maio.

A peza, cantada en inglés e portugués, recibiu a máxima puntación do público e do xurado profesional, composto por representantes das cinco rexións lusas continentais e das dúas rexións de Madeira e Azores.

Saudade, saudade está dedicada ao avó falecido da compositora e intérprete, Mariana Secca, Maro, que contou coa colaboración de John Blanda como coautor da letra.

A canción que representará o país luso en Eurovisión logrou o salto á final do Festival da Cançao a pasada segunda feira e foi a favorita na gran final retrasnmitida pola RTP mais tamén pola TVG2.

A escolla do público e do xurado avivou o irmandamento entre os fans de Eurovisión a un lado e outro da raia, mais unha vez a través da lingua e da "saudade" compartida.

Comentarios