O San Froilán Miúdo conta con 39 actividades familiares

Unha ampla programación dirixida ás crianzas de Lugo 
Maite Ferreiro, Iria Buide e Rubén Arroxo no San Froilán Miúdo. (Foto: Concello de Lugo)
Maite Ferreiro, Iria Buide e Rubén Arroxo no San Froilán Miúdo. (Foto: Concello de Lugo)

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, destacou "a calidade e a variedade" da programación do San Froilán Miúdo, que conta con máis de 39 actividades para o público familiar durante todos os días da festa. Ferreiro destacou "a calidade e a variedade" da programación do San Froián Miúdo, "unha serie de actividades para toda a familia, que se están a desenvolver tanto na rúa como na carpa do Seminario, achegando a Lugo os mellores espectáculos do panorama galego, estatal e internacional".

Entre a ampla programación pódense atopar oito espectáculos na carpa do Seminario, ademais de xogos tradicionais, catro espectáculos itinerantes e animación na rúa. Entre os espectáculos, desde o concello destacan, "Pilots" de La Finestra (Premio Fetén 2025 ao mellor espectáculo itinerante de rúa), que se celebrou durante o día de San Froilán; "Circo Krasnovorak" de Troula, e "Rum rum" e "Transhumancia", ambos de Xip xap teatre, que terán lugar o sábado 11 e o domingo 12, "como peche das actividades para público familiar".


Alías, Fereiro visitou xunto o Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, a feira de Artesanía Gastroarte, organizada pola área de Cultura durante o San Froilán. En total, 23 postos de artesanía ou gastronomía conforman esta feira, que se une ao ArteSanFroilán promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, ubicada na praza Anxo Fernández Gómez, e que colabora en converter as rúas de Lugo "nun gran mostrador de todas as expresións artísticas galegas, incluíndo á artesanía", afirmou a edil de Cultura.

Comentarios