Que artistas asinan a carta contra o "uso depredador" da IA? "Hai que parar o asalto á creatividade humana"

A artista Luz Casal durante unha actuación (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press).
As asinantes piden a que se encarga de desenvolver ferramentas de IA que deixen de utilizar a tecnoloxía "para infrinxir e devalar os dereitos das artistas humanas".

Máis de 200 artistas, entre os que destacan Stevie Wonder, Bon Jovi, Katy Perry, Billie Eilish, Imagine Dragons, Nicki Minaj, Sam Smith, Zayn Malik Lola Índigo ou a galega Luz Casal, asinaron un manifesto contra o uso "irresponsábel e depredador" da Intelixencia artificial (IA) na música.

"Hai que deter este asalto á creatividade humana. Debemos protexernos contra o uso depredador da IA para roubar a voz e a imaxe das artistas profesionais, violar os dereitos dos creadores e destruír o ecosistema musical", sinalaron na carta presentada en redes sociais pola organización Artist Rights Alliance.

As asinantes piden a que se encarga de desenvolver ferramentas de IA que deixen de utilizar a tecnoloxía "para infrinxir e devalar os dereitos das artistas humanas" e apuntan que a IA "fai sabotaxe" a creatividade e "socava" ás compositoras.

"Cando se utiliza de forma irresponsábel, a IA expón enormes ameazas á nosa capacidade de protexer a nosa privacidade, as nosas identidades, a nosa música e a nosa vida. Algunhas das empresas máis grandes e poderosas están a utilizar, sen permiso, o noso traballo de artistas humanas con cantidades masivas de sons e imaxes creadas por IA que dilúen substancialmente os fondos de dereitos que se pagan ás artistas", aseguraron as artistas.

As asinantes advirten que se a intelixencia artificial non se controla, porase en marcha unha carreira "á baixa" que degradará o valor dos seus traballos. "Impediranos recibir unha compensación xusta por el", engadiron.

"Facemos un chamamento a todas as persoas e empresas que realizan a IA para que se comprometan a non desenvolver nin despregar tecnoloxía, contidos ou ferramentas de xeración de música por IA que socaven ou substitúan a arte humana das compositoras e artistas ou nos negue unha compensación xusta polo noso traballo", recalcaron.