Segunda edición do festival na área da Coruña

Punk, narración oral, swing, monólogos, folk: Elas Son Artistas

Elas Son Artistas, Festival Metropolitano de múisica e artes pola igualdade, atinxe a súa segunda edición. Entre o 24 de maio e o 2 de xuño a área metropolitana da Coruña será escenario de 20 propostas culturais “nas que as mulleres creadoras son artistas”.
 

elas son artistas
photo_camera Presentación da segunda edición do festival Elas Son Artistas no Teatro Colón da Coruña. Foto; cedida.

Organizado por tres empresas -Produtriz, Yoltown e Dezdedez- co apoio da Deputación da Coruña e os concellos correspondentes, o Elas Son Artistas “procura un público de mente aberta, que se achegue a diversas artes e diversos espazos, mesmo a diversos estilos dentro da música”, o xénero en que hai máis propostas.

A Coruña, Arteixo, Bergond, Cambre, Oleiros e Sada son os concellos que acolleran os actos. A variedade é a bandeira: punk, narración oral, obradoiro de escritura terapéutica, performance, monólogos, folk galego, swing. Igual de variada será a procedencia das participantes: Galiza, Estados Unidos, Portugal, Catalunya, México, Andalucía.

Amparanoia e a súa música mestiza será a encargada de pór o ramo ao festival o 2 de xuño no Teatro Colón da Coruña. Pero o programa -as entradas xa están á venda en Ticketea- irá así:

Venres 24 - Inauguración na Sala Mardi Gras coas lisboetas Anarchicks


Sábado 25 - Cambre 12:30 Blues do País // 18:00 Bergondo: Rosa Cedrón // 20:00 Oleiros Mabel Flores  // 22:30 Sala Mardi Gras Estrogenuinas


Luns 27 - Obradoiro de escritura terapéutica e creativa (Andrea Pazos) // 21:00 Niñas de la Risa e Izquierdo Sisters

Martes 28 - Carmen Conde presenta Tabú ( Forum Metropolitano de A Coruña)


Mércores 29  Xornada profesional A Cultura é un dereito. Pazo de Mariñán // 21:00 Quinteto Invento (músia clásica) en Sala Mardi Gras


Xoves 30 - 19:30 Performance pintura e escritura no Concello da Coruña ao aire libre // 22:00 e 23:00 Jazz Filloa: Ejazz (jazz vocal)


Vernes 31 - Arteixo: 20:00 Marina Gundin & The Misters (swing) // 22:30  Sala Garufa Club: The Lucilles (Soul - México /Madrid)


Sábado 1 - Sada: 19:00 Marem Ladson e Lúa Mosquetera // 22:30 Stacei Collins na Sala Mardi Gras


Domingo 2 - 21:00 Amparanoia (Teatro Colón)

Comentarios