Os primeiros xornais en galego: 'A Monteira'

Cabeceira do derradeiro número de 'A Monteira'. (Foto: Nós Diario)
A década de 1880 foi rica en xornais en galego. Oito das catorce publicacións tratadas neste coleccionábel son dese período. A Monteira aparece cara ao final da década póndose á venda o primeiro número en Lugo o 5 de outubro, San Froilán, de 1889. Dirixido por Amador Montenegro Saavedra ten como redactores a Manuel Pardo Becerra e Anselmo Montenegro Saavedra. Publicáronse 65 números, o derradeiro o 27 de decembro de 1890. Definida explicitamente como rexionalista, asume todos os principios deste movemento, a comezar pola lingua e a cultura tradicional.
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.