Os primeiros xornais en galego: A Fuliada

Cabeceira d´A Fuliada. (Foto: Arquivo municipal de Betanzos)
Continuador de O Antroido e na mesma liña satírica, crítica e literaria, aparece pouco despois outro semanario en galego que leva o nome de A Fuliada. De feito, fai constar na cabeceira “Ano II”, cousa que unicamente se xustifica considerando os dous semanarios como un só. Ademais, o grupo editor era o mesmo, arredor do impresor Amenedo Ponte, co tipógrafo A. Vázquez Taboada de armadanzas e director, se ben non figura como tal. Entre os colaboradores aparecen os poetas Bieito Losada e Roque Pesqueira, que xa publicaran en O Antroido. No número oito aparece colaborando Pondal co poema “A fada dos montes”, versión moi corrixida do que o ano anterior incluíu –sen título– na súa obra Queixumes dos pinos.
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.