Os primeiros xornais en galego: 'As Burgas. Literatura e artes'

Cabeceira do número un de 'As Burgas'. A pesar da indicación da cabeceira, o 24 de Nadal de 1894 foi segunda feira. (Foto: Nós Diario)
As Burgas. Literatura e artes é a derradeira cabeceira do século XIX que tratamos neste coleccionábel. Este xornal monolingüe en galego viu a luz en Ourense en 1894, nun momento en que, desaparecidos O Tío Marcos d'A Portela e A Monteira, se facía evidente a necesidade dunha nova cabeceira en galego que cubrise o baleiro deixado e servise para fomentar a afección por ler e escribir en galego, e tamén a divulgación da literatura feita na lingua do país afirmando que As Burgas “non ten outro obxeto, non persigue mais fondos fins”.
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.