Pista Extra presenta o cartel completo para A Candeloria

Presentación de Pista Extra en Lugo. (Foto: Nós Diario)
O novo festival quere "afianzar o tecido cultural alternativo na cidade e na zona".

"Pista Extra", a nova proposta do festival lucense A Candeloria presentou esta segunda feira a súa programación completa. Pista Extra é un novo festival para a cidade lucense que nace da Candeloria, un evento de referencia para os fans da música rock, ska, rap ou punk. Buscando "afianzar o tecido cultural alternativo na cidade e na zona", explicou o director Manu Fernández, presentan agora Pista Extra, para o 30 de novembro no Pazo das Feiras e Congresos de Lugo.

Na presentación tamén participou Iria Castro, deputada provincial da Deputación de Lugo -patrocinadora do evento- e Andres Valle e Carla Ortega, da organización do evento.

O 30 de novembro “Pista Extra” presentará unha proposta formada por grupos de rock, ska, rap ou punk entre os que destacan El Drogas ou  Non Servium. Ademáis, vivirase un momento moi especial coa despedida da banda Def Con Dos, que  elixe a Galiza para dar o seu último concerto da xira "Mutantes pal Pueblo", na que repasan as cancións máis emblemáticas dos máis de 30 anos de traxectoria da banda.

A nivel internacional chegará á cidade Banda Bassotti, grupo italiano de ska punk, unha das grandes bandas do xénero no seu país. Completan o cartaz os galegos Familia Caamagno; o dúo valenciano Machete en Boca; a banda Ruxe Ruxe; a “brass band” feminina Brassica Rapa e o Dj Jordi Pánico.

A programación complétase coa presentación, o 29 de novembro, do documental que recolle a xira de XX aniversario do grupo galego Dakidarría. Será no C.S Madia Leva, ás 20.30 horas, con entrada de balde e presenza dalgúns membros da banda.