A memoria do cura das Encrobas, como foi coñecido Moncho Valcarce, volveu ser protagonista da conmemoración do 37 aniversario daquela data na que a veciñanza fíxose forte para facerlle fronte a Fenosa, empresa que quería facerse coas súas terras para a construción da mina de lignitos. Moitas persoas feridas, e detencións múltiples, entre elas, a do propio Moncho Valcarcel, foi o balance daquelas horas nas que mulleres e homes das Encrobas impediron que as súas terras fosen roubadas. Ese foi o balance mais tamén unha lección de dignidade e heroísmo que pasou a se converter nun dos episodios máis valorados das mobilizacións sociais do país como un episodio de relevo na nosa historia recente. Toda Galiza se mobilizou entón en apoio e solidariedade coa veciñanza nuns acontecementos dos que Moncho Valcarce se converteu en símbolo.
Moncho Valcarce volve en pedra ás Encrobas
Facíanse 37 anos da expropiación de terras da parroquia das Encrobas por Fenosa para a construción da mina de lignitos e foi esa a data escollida para que Moncho Valcarce volvera ter presenza por medio dun novo monumento, colocado no lugar do roubado hai uns meses.
