Merchi Pimentel e Esther Carrodeguas: "O teatro é unha das tantas frontes que ten o noso país"

O Cadro Artístico Airiños de Asados (Rianxo) rexeitou recoller o Premio da Cultura e varias compoñentes estiveron na protesta da Plataforma Galega das Artes Escénicas e Musicais. Vídeo no interior.
Membros do Cadro Artístico Airiños de Asados (Rianxo)
photo_camera Membros do Cadro Artístico Airiños de Asados (Rianxo) na concentración


A opción foi a de non ir á gala...

Merchi Pimentel: Xa queríamos renunciar ao principio polos problemas de acceso á gala. Non renunciamos ao premio posto que non é noso, é de toda a xente que pasou polo grupo. Estabamos en débeda. A cultura é do pobo, podían abrir o auditorio á xente e non este esperpento.

Cando se decidiu non recoller o premio?

Merchi Pimentel: A proposta foi de Esther.

Esther Carrodeguas: Con respecto ao premio en ningún momento pensamos rexeitalo posto que é un recoñecemento ao grupo. Houbo un descontento desde hai unhas semanas, desde que comezou a organización do que é a propia gala. Nós consideramos que a cultura é do pobo de todos e comezaron a restrinxirnos as entradas. Somos corenta persoas en activo no grupo e só podían entrar quince persoas. Logo dixeron que poderían ir sete persoas e o premio é de tod@s. Na secretaría xeral xa sabían do noso descontento. No noso grupo hai xente de até oitenta anos que non teñen móbil nin lles podo enviar un watchapp para comentarlles cada tontería que se lles ocorre.

E apoiar ao sector?

E.C.: Cando soubemos destas mobilización do sector eu propuxen de maneira persoal non recoller o premio. "Mirádeo pola tele", dicían na organización. Nos se estamos aqui para a festa da cultura queremos facer a nosa propia festa e estar todos. En vista dos acontecementos, sabedores de que outros tamén rexeitaban ir, pensamos que sería o momento de apoiar á cultura e non saír na foto que para min non debería estar na historia do grupo.

Unha historia que marcou...

E.C.: O grupo de teatro Airiños non sempre fixo o que pedía o goberno, mesmo cando obrigaban co castelán seguiu co teatro en galego. Agora tampouco tiña sentido coller unha estatua cando podíamos estar co sector da cultura aquí abaixo, loitando polos nosos dereitos e como consumidores de cultura que somos.

Coincidides en que a cultura está mal xestionada?

M.P.: Cando se nos ofrecían quince entradas era iso. Como poden pechar a festa da cultura e ter a as instalacións consumindo non sei cantos millóns cada ano e desmantelar a cultura. Nós mesmos tiñamos bastantes actuacións por parte da Deputación de Pontevedra, que ven sendo o mesmo, e agora non temos. Nós non somos profesionais, somos aficionados mais estamos de acordo con eles. Calquera de nós pode ter algún familiar nesa situación, querendo ser músico ou actor. O teatro é unha das tantas frontes que están abertas no país.

Merchi Pimentel explica a decisión de "Airiños" na concentración das Artes Escénicas e Musicais

Comentarios