A memoria histórica protagoniza a inauguración do Festival de Cans
A XXII edición do Festival de Cans arrincou onte coa apertura da exposición Cans senior no Centro de día de Torneiros e a inauguración da rúa efémera á cineasta pioneira galega Cruz Risco, coa asistencia da actriz Isabel Risco, familiar da cineasta, e o investigador Xaime Varela, cun coloquio posterior.
A tarde houbo unha visita guiada a exposición Reisiño, o prisioneiro debuxante, sobre a figura de Alfredo Bautista Alconero "Reisiño" (1912-2000), no 25º aniversario do seu falecemento. Reisiño estivo preso na Illa de San Simón, onde sufriu a represión franquista e debuxaba os outros presos.
En torno á súa figura proxectouse o fime Aillados, de Antón Caeiro, que deu paso, a un avance do filme San Simón, dirixido por Miguel Ángel Delgado -coa presenza do director e do actor Eduardo Rodríguez "Tatán"- que indaga na memoria da illa.
Tamén deron comezo as proxeccións coas curtametraxes latinoamericanas no marco da retrospectiva internacional de Alejandro Loayza, quen destaca tamén polo seu traballo como director de fotografía nas curtametraxes Polvo do arxentino Emiliano Longo, Dochera do boliviano Álvaro Manzano Zambrana e El cuento de Max y Emma do cineasta boliviano Juan Pablo Richter, premiadas en diferentes festivais latinoamericanos.