Festa do bolo do pote

Mazaricos celebra o pan de antes

O bolo do pote era o pan de antes. En concreto, o pan de antes, feito con fariña de millo, co que se acompañaba o cocido. Aínda que o seu rastro desapareceu de moitas casas galegas, en Mazaricos existe unha festa dedicada á súa exaltación. Esta fin de semana acadou a súa edición número vinte.
 

bolo do pote 1
photo_camera Festa do bolo do pote, en Mazaricos. Foto: Concello de Mazaricos.

bolo do pote 2

Seis locais da Picota, en Mazaricos, ofreceron este sábado as súas versións do bolo do pote e o cocido ao que acompaña. Mais o domingo é o día grande, en que unha carpa -localizada no campo da feira- acolle veciñanza e visitantes que se achegan a este concello do interior da Costa da Morte coñecer un elemento fundamental da gastronomía popular galega.

O encontro gastronómico ten, por suposto, banda sonora. O grupo de gaitas O Verán pasou polas rúas da Picota a partir da unha do mediodía. E a sobremesa estará amenizada pola charanga Os Jalácticos. Ademais, unha exposición dos míticos automóbiles modelo Mini forma parte do programa.

O bolo do pote elabórase con fariña de millo, auga de cocido e, segundo os lugares, cebola ou panceta.

Nota: imaxe de pratos co bolo do pote e o cocido en Mazaricos. Foto: Concello de Mazaricos.

Comentarios