LaMontagne & PicoAmperio presentan o seu primeiro disco
Despois de percorrer case un centenar de escenarios co seu hip hop, flow e tintes de contracultura, LaMontagne & PicoAmperio publicaron esta terza feira o seu primeiro disco co nome de "Algo que sinalar".
Este traballo está concibido como "un resumo do aprendido polo camiño e, ao mesmo tempo, a mostra de volver ao lugar do que proceden despois dunha loita contra nós mesmos que resultou en vitoria" e trátase tamén dunha confesión da banda ao seu público, ao que animan a "deixarse levar por ese sendeiro que se abre xa desde a primeira canción".
Neste traballo xorden temas como a búsqueda da identidade (Eu vexo), a celebración do comezo dunha nova aventura (Avelaneiras Floridash), a importancia do aprendido polo camiño cando se está a buscar algo (Porque no mundo), a tristeza infinita (Ondas do mar de Vigo), ou o agradecemento á vida (40TENA) son algunhas das sensacións a experimentar e paradas que se poderán facer neste primeiro traballo da banda, que se compón de oito cancións compostas e producidas na súa totalidade por LaMontagne & PicoAmperio.
Adianto do novo clip de Catuxa Salom
Outra artista do momento, Catuxa Salom, rememora os veráns da infancia con Chicharras, o último clip de adianto do que sera o seu EP debut.
De raíces nativo-arxentinas, esta música presenta un tema que mestura estilos e idiomas e que a reafirma como unha das novas referencias do electrofolk na Galiza.
Nesta peza, un canto ás orixes rurais e ás lembranzas dos veráns da infancia na casa das avoas, a finalista dos Premios Martin Códax na categoría de músicas do mundo e mestizaxe este ano 2022, consolídase con este tema como unha das novas referencias do panorama electrofolk na Galiza.