Heredeiros da Crus, Talco e Def con Dos, ao Armadiña Rock

O festival de música de Combarro, unha referenza no panorama do rock galego, celebrarase os días 25, 26 e 27 de agosto e ofrecerá programación musical, teatral e infantil. 

armadinharock
photo_camera Ses no Armadiña Rock de 2016

O Armadiña Rock, organizado pola asociación local Armadiña, celebra a súa novena edición, na que a organización pretende que o festival continúe a medrar e a afirmarse como referente no panorama musical galego. 

Nesta edición poderemos ver no palco destacados nomes do rock galego como Heredeiros da Crus, Dakidarría, Ruxe-Ruxe, Bala, Brinkadelia, Blues do País...

Nesta edición poderemos ver no palco destacados nomes do rock galego como Heredeiros da Crus, Dakidarría, Ruxe-Ruxe, Bala, Brinkadelia, Blues do País, Carla Green & the Demons, Skarnivals, O Leo i Arremecaghona, Soul Breakers, Fanfarria Taquikardia e Delombaos. Listaxe á que se suman outras bandas como Talco, Def con Dos e Kitai. 

A programación non incluirá unicamente actividades musicais. O público participante tamén poderá asistir a conferencias, gozar de teatro de rúa e de embarcacións tradicionais ou achegarse ao Armadiña Kids, un espazo que ofrecerá actividades destinadas ao público familiar. 
 

Comentarios