Grande eco mediático ante a publicación dos inéditos de Cunqueiro

Distintos medios de comunicación fanse eco da publicación no número 102 do semanario Sermos Galiza de dous poemas e un debuxo inéditos de Álvaro Cunqueiro.

Cunqueiro
photo_camera Cunqueiro

Unha páxina completa dedícanlle os xornaiEl Correos El Progreso e El Correo Gallego á publicación dos inéditos de Cunqueiro en Sermos Galiza. “Documentos anteriores ao ano 1936 localizados nunha trabe situada nunha construción anexa á residencia familiar da estirpe dos Cunqueiro na Praza de Mondoñedo permitiron sacar á luz textos inéditos e debuxos do escritor mindoniense”, comeza El Progreso na súa información na que dá conta da aparición e publicación destas pezas de mocidade do autor. “O semanario ‘Sermos Galiza’ publicou o achado na súa edición en papel”,  titula, pola súa banda El Correo Gallego que recorren ás explicacións de César Morán para valorar a relevancia dos poemas e os debuxos. Tamén El Ideal Gallego, Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña recolleron nas súas seccións de cultura a nova do aparecimento dos textos do autor de Mondoñedo, un dos nomes máis relevantes da literatura galega do século XX. 

Pola súa parte, o xornal El Mundo informou nas súas páxinas da publicación dos dous poemas de Álvaro Cunqueiro na súa edición para todo o estado. 
 
eldiario.es e mundiario.com

Tamén a axencia EFE remitiu un teletipo no que informaba da noticia literaria, nota que se reproduciu en numerosos medios, información que foi recollida impresa na pantalla na cadea televisiva de TVE 24 Horas. No ámbito dixital, o xornal Mundiario.Com -dirixido polo xornalista José Luís Gómez- facíase eco da información; da mesma maneira, eldiario.es recolle a información para todo o Estado, citando a orixe no semanario galego Sermos Galiza

Comentarios