Sermos nº102: Publicamos inéditos de Cunqueiro e analizamos se estamos condenados a outro verán de incendios

Máis un número do Sermos Galiza, e xa son 102. Informacións, análise alternativa, reportaxes, entrevistas, unha galería de fotos sobre a manifestación decorrida en Pontevedra contra as celulosas... e publicamos os inéditos que Álvaro Cunqueiro, un dos nomes centrais da nosa literatura nacional, agochaba nun cartafol. Está xa nos teus quiosques ou na nosa loxa.

Capa_SG102

Está Galiza preparada para facer fronte a un novo verán de alto risco en incendios? A Xunta di que si, mais desde comuneiros, ecoloxistas, profesionais e expertos a opinión é outra. “O país volverá arder”, vaticinan. Analizamos este tema neste número 102 de Sermos Galiza.

A manifestación contras as celulosas que decorreu Pontevedra ou o colapso e caos municipal en Vigo perante as emerxencias sociais son outras cuestións que analizamos no semanario que desde esta quinta podes atopar na rúa.

Manzaneda está a ser exemplo de mobilización na defensa do seu comedor escolar. Un concello que sabe que se está a xogar moito nesta loita. E desde a montaña de Ourense imos até as Rías Baixas, onde a veciñanza de parroquias como Tomeza e Marcón mobilízase contra unha autovía que cualifican de ‘’innecesaria”.

Orgullo da diversidade LGTBi

Co 28 de xuño ás portas, o orgullo da diversidade LGTBi está presente neste semanario. Tamén achegámonos até a denuncia de CCOO de denegacións inxustificadas da Risga.

En ‘Matemáticas con nome de muller”, adentrámonos na figura e obra de María Wonenburger. Co colectivo XEA viaxamos até a Serra do Careón, e tamén gozamos dos 75 anos de Chico Buarque.

Sempre Cunqueiro

Publicamos dous poemas inéditos que Álvaro Cunqueiro agochaba nun cartafol e falamos con César Morán, exporte no obra do mindoniense, que cualifica ester versos que publicamos en Sermos Galiza como “espléndidos”.

Entrevistamos a Alfonso Zarauza, director de Encallados, filme que leva camiño de ser protagonista neste 2014; e tamén entrevistamos a escritora Ledicia Costas, gañadora do premio Merlín, de Xerais. Zarauza defende un cinema “de proximidade, que fale de nós mesmos con códigos universais”. Costas cre que “estamos nun momento en que a poesía é moi necesaria”.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios