O golpe de estado en Sudán sorprende o músico galego Baiuca na capital do país

Exteriores ofrece asistencia consular os afectados e desaconsella viaxar a Sudán.

[Imaxe: Cedida] Baiuca.
photo_camera Baiuca.

O golpe de estado en Sudán sorprendeu en Xartum, a capital do país, a Baiuca (nome artístico do músico galego Alejandro  Guillán) e a catro persoas que lle acompañaban para participar no festival  Sama, que pechaban como prato forte esta terza feira.

Canda  Guillán viaxaban o percusionista Xosé Lois Romero, a cantante Andrea Montero, o cineasta e responsábel da parte audiovisual do espectáculo Adrián  Canoura e o técnico de son Alfonso García.

Todos eles atópanse ben e protexidos nun lugar seguro, segundo aseguran fontes próximas ao artista consultadas por Europa  Press.

Chegaron o domingo pola noite ea segunda feira tiñan previsto un encontro con músicos  sudaneses no marco do festival, que leva celebrándose con normalidade durante todo o mes de outubro.

Con todo, a detención do primeiro ministro e de varios altos cargos da facción civil do goberno de transición democrática produciuse xa na madrugada do domingo á segunda.

Comentarios