O fotoxornalista galego Adra Pallón gaña o premio Estação Imagem 2022 cun traballo sobre os incendios
O galardón escóllese entre proxectos de Portugal, a Galiza e outros países da lusofonía.
Na categoría Noticias, o premio foi para Rui Duarte Silva, do semanario Expresso, e a súa reportaxe de guerra na Ucraína, anunciou este sábado o xurado en Coímbra. Tamén se anunciou que fotógrafo norteamericano James Nachtwey presidirá os Premios en 2023.
O principal galardón é escollido a partir de todos os candidatos que remiten os seus proxectos ao xurado o premio e poden ser oriundos de Portugal, de países de lingua oficial portuguesa e da Galiza.
O principal galardón é escollido a partir de todos os candidatos que remiten os seus proxectos ao xurado o premio e poden ser oriundos de Portugal, de países de lingua oficial portuguesa e da Galiza.
‘Lume e Cinza’ é o título da serie premiada, un conxunto de imaxes recollidas para a Axencia Efe nos incendios forestais entre setembro de 2021 e este ano.
“Unha das problemáticas máis notadas coa chegada da temporada estival é o aumento de incendios forestais tanto en cantidade como en virulencia”, di o fotoxornalista galego no sitio web do Estação Imagem. “Esta é outra das consecuencias das alteracións climáticas”, postula.
O presidente do xurado e ex-editor de fotografía internacional do New York Times, David Furst, dixen que a creatividade e paixón dos fotoxornalistas “superan calquera tipo de dificultade financeira”, cita a axencia Lusa, considerando que fan “milagres”.
"Este traballo nunca foi tan vital e indispensábel. Por cada imaxe publicada, hai un fotoxornalista afouto a contar a historia. Na miña perspectiva, son heroes e debemos homenaxealos en todas as oportunidades que temos”, subliñou este sábado en Coímbra.