O fotoxornalista galego Adra Pallón gaña o premio Estação Imagem 2022 cun traballo sobre os incendios

O galardón escóllese entre proxectos de Portugal, a Galiza e outros países da lusofonía.

foto premio adRa pallon NON USAR MÁIS
photo_camera Unha das fotos que se inclúen en 'Lume e Cinza', o traballo de Adra Pallón que vén de ser premiado.
O fotoxornalista galego Adra Pallón, cunha serie sobre os incendios na Península Ibérica, é o gran vencedor da 13.ª edición do Premio Estaçao Imagem, que anualmente distingue en Portugal os mellores traballos de fotoxornalismo do ano.

Na categoría Noticias, o premio foi para Rui Duarte Silva, do semanario Expresso, e a súa reportaxe de guerra na Ucraína, anunciou este sábado o xurado en Coímbra. Tamén se anunciou que fotógrafo norteamericano James Nachtwey presidirá os Premios en 2023.

O principal galardón é escollido a partir de todos os candidatos que remiten os seus proxectos ao xurado o premio e poden ser oriundos de Portugal, de países de lingua oficial portuguesa e da Galiza.

O principal galardón é escollido a partir de todos os candidatos que remiten os seus proxectos ao xurado o premio e poden ser oriundos de Portugal, de países de lingua oficial portuguesa e da Galiza.

‘Lume e Cinza’ é o título da serie premiada, un conxunto de imaxes recollidas para a Axencia Efe nos incendios forestais entre setembro de 2021 e este ano.

 “Unha das problemáticas máis notadas coa chegada da temporada estival é o aumento de incendios forestais tanto en cantidade como en virulencia”, di o fotoxornalista galego no sitio web do Estação Imagem. “Esta é outra das consecuencias das alteracións climáticas”, postula.

O presidente do xurado e ex-editor de fotografía internacional do New York Times, David Furst, dixen que a creatividade e paixón dos fotoxornalistas “superan calquera tipo de dificultade financeira”, cita a axencia Lusa, considerando que fan “milagres”.

"Este traballo nunca foi tan vital e indispensábel. Por cada imaxe publicada, hai un fotoxornalista afouto a contar a historia. Na miña perspectiva, son heroes e debemos homenaxealos en todas as oportunidades que temos”, subliñou este sábado en Coímbra.

Comentarios