O filme francés ‘L'enfant salamandre’ gaña o primeiro premio á mellor curtametraxe na 15ª na FIC Bueu

En total entregáronse no Festival Internacional de Cinema de Bueu outros cinco galardóns, ademais do Premio Cinema Galego a Miguel de Lira.

Bueu FICBUEU
photo_camera Un momento do festival. (Foto: FICBUEU)

A curtametraxe francesa L’enfant salamandre de Théo Degen foi escollida como a peza gañadora da Sección Oficial na 15ª edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu, FIC Bueu. A curta conta a historia de Florian, un neno que aos 15 anos pensa que se pode comunicar cos mortos a través do lume, o que fai que os seus veciños pensen que é un becho raro. Un día, a forza de ser chamado monstro, remata por converterse nun.

O segundo premio foi para a curtametraxe romanesa ‘nterfon 15 de Andrei Epure. Interfon 15 trata sobre varias persoas que descobren unha muller inconsciente tirada fronte ao seu bloque. Aínda que a muller vive no terceiro piso, ninguén sabe o seu nome, o que os leva a reflexionar sobre a vida da súa veciña e sobre a súa propia.

O premio do público recaeu sobre a produción neerlandesa Vlekkeloos de Emma Branderhorst. Por outra banda, o premio Galicia R á mellor obra galega tivo dúas pezas gañadoras ex aequo, Rompente de Eloy Domínguez Serén e El sembrador de estrellas de Lois Patiño.

O galardón á Mellor Curta Española da presente edición recaeu en Alopècia Androgènica de Salvador Sunyer, con Mención Especial para ‘Harta’ de Júlia de Paz.

Na mesma liña, o filme gañador na categoría Descuberta fo outorgado a Stéphanie Lagarde por Minimal sway while starting my way up. Para rematar, no acto tamén se entregou o Premio Cinema Galego 2022 a Miguel de Lira,

Comentarios