Ferrín ve a RAG ameazada de "absorción", mais continúa sen explicitar quen a pon en perigo

A RAG corre un serio risco, segundo o seu ex presidente. Sobre ela pende unha tripla ameaza: absorción, estrangulación e perda de identidade. Mas Ferrín se resiste a nomear as persoas ou entidades que porían en perigo a institución fundada por Murguía.
Méndez Ferrín
photo_camera Méndez Ferrín

Nunha entrevista concedida a La Voz de Galicia con motivo de terlle concedido o Premio Otero Pedrayo, o ex-presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, reafirma a súa denuncia de que a Academia está en situación de perigo. “Quen ten que sabelas tamén as coñece. Hai moita xente que sabe cales son esas ameazas e o graves que son para a institución e para o país”, sinala.

Velada resposta de Ferrín ao proxecto de Villares de agrupar o CCG, a RAG e o ILG nunha única entidade, ao estilo do que foi o Seminario de Estudos Galegos

Concretiza o perigo nunha ameaza de “absorción, estrangulación e perda de identidade”. As súas afirmacións pódense referir, de forma velada, ao modelo defendido entre outros polo presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, de creación dunha institución única ao estilo do Seminario de Estudos Galegos que englobara o CCG, a RAG e mesmo o ILG e que estes días está a dar máis que falar despois das acusacións de Axeitos e o propio Ferrín.

Comentarios