Falece o artista Paco Pestana aos 72 anos
O artista Paco Pestana (Castroverde, 1949) faleceu repentinamente esta segunda feira en Lugo aos 72 anos.
Escultor, pintor, poeta e artista multidisciplinar, tivo en Adré Breton e no surrealismo os seus referentes fundamentais. Coa súa influencia deu a súa particular visión do mundo rural cun toque crítico e humorístico.
Nado en Castroverde, localidade da que era fillo predilecto, mudouse con oito anos a Lugo, onde estabeleceu o seu taller.
Foi lexionario no Sahara, mineiro e cooperativista do mundo agrario.
Considerado un dos artistas galegos máis recoñecidos dos últimos anos, Pestana pertence a unha xeración de escultores que xorden a partir do grupo Atlántica, aínda que nunca chegou a pertencer a el.
Aínda que destacou na escultura, a literatura foi outra das súas paixóns, en especial a poesía.
Os seus restos mortais están en Velorios Lucenses, onde se instalou a capela ardente. Esta cuarta feira celebrarase o funeral.