Convergências Portugal-Galiza en Braga, Compostela e Ponteareas

O programa combina música, literatura, artes escénicas, cinema e exposicións entre o 10 e o 25 de febreiro.

Quico Cadaval ´çe un dos invitados a Convergências Portugal-Galiza [Foto: RAG]
photo_camera Quico Cadaval ´çe un dos invitados a Convergências Portugal-Galiza [Foto: RAG]

O festival cultural das Convergências Portugal-Galiza inicia hoxe a súa novena edición cun obradoiro de Cavaquinho e Braguesa.

Até o vindeiro 25 de febreiro este programa achega dezaseis actividades que se reparten entre Braga, Ponteareas e Santiago de Compostela con música, danza, teatro, cinema, faladoiros, poesía, exposicións e visitas guiadas.

Como cada ano, este certame cultural programa unha serie de actividades arredor da data de nacemento e de pasamento de Rosalía de Castro e do cantautor portugués José Afonso (Zeca Afonso), respectivamente, estreitando os lazos que unen Portugal e a Galiza e evidenciando as semellanzas entre as súas linguas e culturas.

 

Este ano a homenaxe consistirá en tres concertos tributo nos que Canto d'Aquí compartirá escenario con Iria Estévez, Pedro Jóia, María do Ceo, Uxía ou João Afonso nas distintas localizacións. 

Ademais, o proxecto inclúe o  concerto Cantares da Raia, con Augusto Canário, Luis Caruncho e Benito; o espectáculo Danças da Raia com o Grupo Ecos e Agarimos do CCV de Peitieiros e o Grupo Folclórico da UMinho; unha Noite de Fado Convergente com Tiago Correia, Iria Estévez, Artur Caldeira e Daniel Paredes; a exposición sobre os 50 anos da Casa Museo de Rosalía de Castro; actuacións de Quico Cadaval ou proxeccións de cinema galego.

O festival, que concentra a súa actividade en Braga, está promovido polo grupo Canto d'Aqui e o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho co apoio da Fundación Rosalía de Castro, do concello de Ponteareas e da Rede da GaliLusofonía, entre outras entidades. 

Comentarios