Comedia Bífida este sábado en Foz

O salón de actos do Colexio Martínez Otero de Foz acolle este sábado 15 de decembro ás 20:00 h a estrea de Comedia bífida, unha obra de teatro de Manuel Núñez Singala, representada polo grupo teatral Touporroutou.

Touporroutou da lúa e o sol
photo_camera Representación teatral anterior do grupo

Situacións cotiás ás que se teñen que enfrontar as persoas galegofalantes son o fío desta obra, que se ben trata da lingua busca tamén facer rir a espectador a base de moita retranca.

Touporroutou  é a compañía de teatro da asociación cultural A Pomba do Arco, cuxo obxectivo é “difundir, conservar e promover a cultura galega e en galego”.

Comentarios