mércores 08.04.2020

Castelao, autor homenaxeado no Día das Artes Galegas 2016

A Real Academia Galega de Belas Artes elixiuno por diante de Laxeiro e Carlos Maside. 


A Real Academia Galega de Belas Artes vén de elixir a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao como o autor homenaxeado no Día das Artes Galegas 2016. Os outros candidatos eran Laxeiro e Carlos Maside. 

A Academia resaltou na súa decisión o esforzó teórico e os aportes creativos de Castelao para divulgar a dignificación de Galiza e as súas formas de expresión a través do Seminario de Estudos Galegos, do grupo Nós e, incluso, "usando desde os sus inicios todos os medios posibles como as aulas e sociedades pontevedresas".  

A institución, creada no 1849, decidiu instituír este ano o 1 de abril como ‘Día das Artes Galegas’ co fin de “exaltar, divulgar e promover a creación en Galiza”. Este curso, o Pórtico da Gloria foi a obra homenaxeada.

 

comentarios