A bailarina e coreógrafa Janet Novás gaña o premio "El ojo crítico" na categoría de danza

A bailarina e coreógrafa Janet Novás vén de recibir o premio "El ojo crítico" de RNE. O xurado destaca entre os seus méritos "unha traxectoria que lle dá sentido a bailar”.
Janet-Novás e Mercedes peón en 'Mercedes mais eu'. Foto: Tristán Pérez-Martín La Caldera.
photo_camera Janet-Novás e Mercedes peón en 'Mercedes mais eu'. (Foto: Tristán Pérez-Martín La Caldera)

A bailarina e coreógrafa galega Janet Novás vén de resultar gañadora do premio “El ojo crítico”, na categoría de danza. Segundo o fallo do xurado Novás é merecedora do premio “porque coa súa danza non dubida en impresionar e en apelar ao público con coherencia e honestidade con maiúsculas, por realizar unha exploración do mundo moi persoal, pola súa facilidade para materializar ideas e demostrar como certos desexos interpretativos poden encontrar un vehículo corporal, espacial e temporal, polo seu labor de pedagoxía e por unha traxectoria que lle dá sentido a bailar”.

O seu traballo recrea paisaxes dunha relevante densidade simbólica mediante unha intelixente mestura de recursos coreográficos e dramáticos

Janet Novás, un dos valores máis seguros da danza contemporánea galega, formouse entre Madrid, Bruxelas e Berlín. En 2008 comeza a crear e a desenvolver os seus propios proxectos, en colaboración co músico e compositor Haru Mori e o coreógrafo e performer Ricardo Santana. 

O seu traballo recrea paisaxes dunha relevante densidade simbólica mediante unha intelixente mestura de recursos coreográficos e dramáticos, que logran transmitir sensacións e que apelan a introspección, sen renun-ciar a un traballo técnico de altura formado por elementos como a xestualidade compulsiva e a investigación dos elementos do movemento e o equilibrio.

 As súas creacións presesentáronse en festivais e encontros como os Rencontres Chorégraphiques, Festival de Marseille, Festival Nouvelles-Pole Sud, Cement Festival, Dança en Transito, MOV_S, TNT Dansa, Festival de Otoño a Primavera, Escenas do Cambio e o Festival Bad, entre outros.

Ao longo da súa carreira recibiu premios como o 2º premio de XXI Certamen Coreográfico de Madrid; unha bolsa para o danceWEBeurope 2008 (Viena); o premio de Asistencia Artística ao Festival B ́Motion de Bassano del Grappa; ou o Premio InJuve 2011 pola súa creación Cara pintada.

Como intérprete traballou para as compañías Lisi Estarás (Les ballets C de la B), Daniel Abreu, Pablo Esbert, PlayDramaturgia, Matarile Teatro, Provisional Danza, Pisando Ovos, Arrieritos, Megaló Teatro, Ertza, José Reches e Pedro Berdayes. Tamén colaborou na terceira edición do proxecto “Bailar ¿es lo que queréis?” comisariado por Elena Córdoba, Ana Buitrago e Jaime Conde Salazar e en El canto de los caballos, de Lipi Hernández.

Entre os seus espectáculos destacan Feelings, Cara pintada, Who will save me today, Se puides falar disto non faría isto ou Mercedes mais eu, un dos espectáculos seus espectáculos de máis éxito, en colaboración coa compositora e cantante Mercedes Peón

Comentarios