Mostra de Teatro de Cangas

A artista mexicana Gabriela Muñoz gaña o Premio do Público da MITCFC

Muñoz é unha artista polifacética con experiencia en teatro, circo e ópera que, inspirada por estas tres linguaxes, crea o seu propio universo.
Unha escena de 'Perhaps, perhaps, quizás', a obra gañadora.
photo_camera Unha escena de 'Perhaps, perhaps, quizás', a obra gañadora.

A artista mexicana Gabriela Muñoz foi a gañadora do Premio do Público da 41ª Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas con Perhaps, perhaps... quizás, un espectáculo de clown que xoga coa idea da espera, da ilusión por atopar á parella perfecta e da soidade a que isto nos leva. Cunha traxectoria internacional destacada, a obra xa cativou á audiencia en más de 20 países, incluíndo Alemaña, Estados Unidos, Australia e Nova Celandia..

Muñoz asegurou que a noticia deste premio fora para ela "moi sorpresiva e emocionante". Para a artista, “foi todo como un soño” pola rapidez na que ocorreron as cousas en tan pouco tempo, de feito, este recoñecemento comunicóuselle pouco tempo despois da súa actuación, que pechou a programación desta edición da Mostra. “Coñecín a xente fermosa, comín delicioso e xoguei cun público cálido y xeneroso”, comentou, para finalizar asegurando que “foi, sen dúbida, unha noite máxica. Sentinme moi conectada con Cangas”.

En Perhaps, perhaps.. quizás a artista consegue transportar ao público a un universo máxico mediante unha combinación excepcional de performance e narrativa visual. Muñoz é unha artista polifacética con experiencia en teatro, circo e ópera que, inspirada por estas tres linguaxes, crea o seu propio universo.

Gabriela Muñoz é unha artista polifacética e xenuína con experiencia en teatro, circo e ópera. Inspirada por estas tres linguaxes, crea o seu propio universo. No prestixioso festival Fringe de Nova Celandia, foi merecedora dos premios á mellor actuación e mellor obra en 2016, consolidando así a súa reputación como unha produción de excelencia e resonancia global.

Ademais, recibiu a medalla ao Mérito Internacional por Promoción Cultural por parte do Congreso da CDMX. Por último, foi nominada aos ‘Premios Ciudad de México’ na categoría Actividade Escénica.

Comentarios