MITCFC

A directora da Mostra de Teatro de Cangas, María Armesto. (Foto: MITCFC)
Entrevista | Mostra de Teatro de Cangas

María Armesto: "Todas as administracións deberan entender que un país que non promove a súa cultura é un país que non existe"

O activo máis importante de calquera festival, máis aló dos espectáculos programados e dos cartos dispoñíbeis, é a xente que ten detrás traballando. No caso da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas o equipo humano está capitaneado por María Armesto, unha muller todoterreo vencellada a este festival desde o ano 1998. Dramaturga e directora de escena, foi unha das impulsoras das xornadas Mulleres en Acción, que o ano que vén celebran o 25 aniversario. Entrevistamos a María Armesto, directora artística da Mostra Internacional de Teatro de Cangas desde 2014, para analizar o que pasou na 41 edición que acaba de rematar, para falar de teatro, botar a vista atrás e ver para adiante.
Os manipuladores tamén teñen un papel en 'El Verdugo' (Foto: José Luis Gutierrez).
Mostra de Teatro de Cangas

Tanta comicidade como desacougo

Andrea Quintana, Gena Baamonde e Davide González nun dos ensaios no Festival Escora. (Foto: Carlota Mosquera)
Mostra de Teatro de Cangas

VACAburra: "Interésanos explorar como vivir os espazos e convertelos nunha experiencia danzada e sonora"

Gena Baamonde dirixe xunto con Andrea Quintana 'Ruar', a nova proposta da compañía VACAburra para a rúa e espazos non convencionais. Nela, Andrea e Davide González redescobren o espazo público e déixanse sorprender polo que acontece neste.

Unha escena de 'Perhaps, perhaps, quizás', a obra gañadora.
Mostra de Teatro de Cangas

A artista mexicana Gabriela Muñoz gaña o Premio do Público da MITCFC

Muñoz é unha artista polifacética con experiencia en teatro, circo e ópera que, inspirada por estas tres linguaxes, crea o seu propio universo.
Gabriela Muñoz, "Chula the Clown".
Mostra de Teatro de Cangas

Gabriela Muñoz: "Cando encontrei o clown, foi como chegar á casa"

Gabriela Muñoz é unha artista todoterreo que atopou no clown a forma do seu zapato. Coa súa compañía Chula The Clown leva anos entretendo a público dos cinco continentes. Este domingo 7 de xullo estrea en Cangas Perhaps, perhaps… quizás, un espectáculo creado en 2010 e co que xa percorreu medio mundo: Alemaña, Australia, Bélxica, Brasil, Círculo Ártico, China, Colombia, España, EUA, Finlandia, Francia, Xeorxia, Gran Bretaña , Italia, Lituania, México, Nova Zelandia, República Checa, Romanía, e Suecia.

Carla Rovira.
Mostra de Teatro de Cangas

Carla Rovira: "É ridículo aferrarse ao poder e pretender que un gran imperio se perpetúe"

Violencia de xénero, colonialismo e racismo na nova versión de Feísima enfermedad y muy triste muerte de la reina Isabel I, de La Calórica
Foto de familia do Torneo de Dramaturxia.
Mostra de Teatro de Cangas

O dramaturgo Gustavo del Río gaña o VIII Torneo de Dramaturxia

Nesta oitava edición do Torneo combateron Borja Fernández, Cris Balboa, Gustavo del Río e Teresa González Costa.
José Luis Montiel e David Roldán Oru.
Mostra de Teatro de Cangas

O traballo corporal como base principal do teatro

David Roldán Oru e José Luis Montiel imparten estes días o obradoiro O corpo escénico. Taller intensivo de máscaras pedagóxicas. Ao longo de tres días, estes dous ‘actores do físico’, como eles mesmos se definen, traballarán cun grupo de 15 persoas para facerlles entender a primacía da xestualidade corporal sobre a expresión verbal, priorizando a linguaxe non verbal e física sobre a palabra.

El castillo de Lindabridis. (Foto: Sergio Parra)
Mostra de Teatro de Cangas

CRÍTICA | Mulleres nun castelo

A compañía Nao d'amores abriu a Mostra de Cangas deste ano cunha revisión dunha obra de Calderón de la Barca pouco coñecida e apenas representada.
Representación de 'Selva', de LuzAzul.
Mostra de Teatro de Cangas

A MITCFC Amadora

Durante a tarde da segunda feira, 1 de xullo, representáronse varios espectáculos de compañías non profesionais de teatro de toda Galiza.
O elenco de 'Feísima enfermedad'. ( Foto: MITCFC)
Máis

O drama e o humor enchen O Morrazo

Cangas acolle a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo. A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) comezou xa a súa segunda semana e estenderase até o domingo. Nunha edición máis, a asociación cultural Xiria volve encher diversos espazos da vila do Morrazo co teatro máis variado e contemporáneo da Galiza.

Xesús Ron. (Foto: Leticia T. Blanco)
Mostra de Teatro de Cangas

‘Helen Keller. A muller marabilla?’, teatro para o público esquecido

Hoxe reciben o premio Xiria áo Labor Teatral polo seu espectáculo ‘Helen Keller. A muller marabilla?’. Son seguramente a compañía de teatro máis coñecida na Galiza e os seus proxectos acostuman a cuestionar as narrativas oficiais. Coa obra premiada, Chévere buscar chegar a máis xente. Quere facer algo para o público eternamente esquecido nos patios de butacas: a xente xorda, cega e xordocega. Patricia de Lorenzo, Chusa Pérez de Vallejo e Ángela Ibáñez suben ao escenario para contar a historia de Helen Keller. Nacida en Tuscumbia (Alabama), convértese nunha celebridade mundial ao ser, segundo as fontes oficiais, a primeira persoa xordocega en obter un título universitario en 1904 en Harvard. 

Berta Ojea (á esquerda), acompañada de María Armesto. (Foto: MITCFC)
Mostra de Teatro de Cangas

Berta Ojea: "Tiña que facer o posíbel para traer María Casares á Galiza e á súa lingua natal"

A traxectoria vital e artística da actriz María Casares (A Coruña, 1922- Alloue, Francia, 1996) centra a palestra que ofreceu a actriz galega Berta Ojea en Cangas dentro da programación das XXIV Xornadas Mulleres en Acción. "Era unha intelectual enorme”, afirma Berta Ojea, que auspiciou a publicación na editorial Kalandraka do libro ‘A única, María Casares’, da autora francesa Anne Plantagenet, con tradución de Isabel Soto.

A creadora e investigadora María Ruído.
Mostra de Teatro de Cangas

María Ruído: "O feminismo é unha cuestión política, non biolóxica"

María Ruído vén de recibir o premio Mulleres en Acción da Mostra de Teatro de Cangas, onde se poderán ver, ao longo dos días que dura o evento, varios dos seus traballos en vídeo. 
Ángela Ibáñez, Patricia de Lorenzo e Chusa Pérez de Vallejo en 'Hellen Keller a muller marabilla?', de Chévere. (Foto: Sabela Eiriz).
Mostra de Teatro de Cangas

A inclusión e a diversidade vertebran a Mostra de Teatro de Cangas

Esta quinta feira 27 de xuño comeza oficialmente a 41ª edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. O pregón da actriz Patricia Vázquez dará inicio a dúas semanas en que toda a vila do Morrazo se transformará nun grande escenario. 
 
A estratexia narrativa de Chévere adquire aquí unha complexidade que redunda na sorpresa continua que o público experimenta. (Foto: Sabela Eiriz)
star
Mostra de Teatro de Cangas

O que se conta e o que non se conta

'Helen Keller, a muller marabilla?' / Director: Xesús Ron / Elenco: Ángela Ibáñez, Chusa Pérez de Vallejo e Patricia de Lorenzo.
Loreto Blanco.
Mostra de Teatro de Cangas

Loreto Blanco: "Insisto nas mensaxes que poidan supor unha transformación na persoa que ve as ilustracións"

Loreto Blanco (Moaña, 1964) é a autora do cartel da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, que chega á súa 41ª edición e que se celebrará do 26 de xuño ao 7 de xullo.