A Cuba máis galega: unha Galiza insular no Caribe

A emigración é sempre un drama. Primeiramente para aquelas persoas obrigadas pola miseria e as necesidades económicas a abandonar a súa terra cara a un destino descoñecido, onde maioritariamente desenvolven a súa vida en condicións de máxima precariedade e na maior parte rematan por fracasar respecto aos seus obxectivos iniciais. Mais tamén para o país de orixe dos emigrantes, obrigado a expulsar unha parte substantiva da súa poboación máis dinámica e privado dun continxente humano esencial para o seu desenvolvemento.
Festa das escolas emigrantes da Estrada na carballeira de Pereiriños nos anos 20. (Foto: Arquivo de Xoán Carlos Garrido)
Festa das escolas emigrantes da Estrada na carballeira de Pereiriños nos anos 20. (Foto: Arquivo de Xoán Carlos Garrido)

O drama da emigración galega a Cuba vén de vello. A súa presenza con certa significación na illa xa se percibe nas décadas finais do século XVIII, como consecuencia, segundo a profesora da Universidade de Huelva Rosario Márquez, dos "cambios introducidos no sistema comercial, pola concesión dos correos marítimos á cidade da Coruña, para comerciar directamente coas Antillas e Nova España en 1764 e coas provincias de Río da Prata en 1767, sendo os seus destinos favoritos Cuba e Bos Aires, áreas coas que existiu un comercio directo". Porén, a súa lóxica resultou moi diferente á do 
século seguinte.

A emigración galega cobrou impulso e tomou novas formas nas décadas centrais do século XIX. Mentres o país enfrontou unha crise que deu orixe a varias grandes fames concatenadas, a demanda de man de obra dunha economía en expansión como a cubana era constante, agudizada, en certa medida, pola necesidade de substituír a man de obra escrava, chave para facer da illa un dos primeiros centros mundiais de produción azucreira e cafeteira a comezos dese século. Neste contexto explícase a operación impulsada pola oligarquía crioula, apoiada pola Casa Real e dirixida polo negreiro Urbano Feixoo que rematou con desprazamento a Cuba de perto de 1.800 galegos en 1854.

[Poderás ler a reportaxe íntegra de Xosé Ramón Ermida sobre a emigración galega en Cuba no Sermos Galiza que acompaña o Nós Diario deste sábado, 26 de xullo. Resérvao no teu quiosque ou subscríbete ao xornal!]

Comentarios