Un ollar a fondo sobre a herdanza de Castelao 30 anos despois da volta
Un 28 de xuño de 1984 os restos de Castelao chegaban a Compostela, no medio da polémica e con carga policial incluída.
Non era esta a Galiza liberada á que Castelao aspiraba volver. Non foi o seu un soterramento abeirado ao calor do pobo, porque as autoridades así o impediron. Sermos Galiza lémbrao neste A Fondo, baixo a coordenación de Xoán Carlos Garrido, que conta coa participación de Manuel López Foxo, Pil
"Só querían traer os seus restos para enterralos co seu pensamento político", sentenza o divulgador cultural Manuel López Foxo, que viviu en primeira persoa aquel 28 de xuño de 1984. Lembra como un campo de guerra os arredores de Bonaval trala carga policial e dá conta da conversa mantida naquel día con Xosé Benito Abraira, un dos máis achegados colaboradores de Castelao no exilio arxentino.
O xornalista de Sermos Galiza, X.M. Pinheiro, rianxeiro, era por aquel entón só un neno, mais recorda, nunha persoal crónica, a súa visita a Compostela na comitiva organizada polo concello natal de Castelao para recibir o cadaleito do seu veciño en Lavacolla. A comitiva volveu ao rematar o acto en Compostela pois o Concello non quixo formar parte do que consideraba un "paripé" montado polas autoridades ao redor da traída dos restos de Castelao.
"Nós, hoxe, non podemos levarlle flores frescas a Rosalía ou Castelao, pois as súas tumbas só poden ser visitadas con permiso eclesiástico", destaca no seu artigo o presidente d
Para a profesora Pilar García Negro, foron varias as mortes de Castelao: en 1950 na Arxentina; en 1984, no medio do escándalo da traída dos seus restos; agora, secuestrado nun Panteón de Galegos Ilustres baixo control eclesial e tamén coa sucesiva manipulación da súa mensaxe, mesmo polas máis altas institucións culturais galegas, e sobre a que fai unha análise detida.
Luis Bará denuncia, por parcial, o modo en que o legado de Castelao é exposto no Museo de Pontevedra, en mans da Deputación, nunha entrevista na que afirma que unha visión íntegra de Castelao, non só artística, senón tamén política, non é asumíbel polo PP. O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, fala do legado de Castelao en Rianxo. Repara, en particular na casa de Castelao na vila, propiedade da familia Baltar. Coida que este é o momento idóneo para recuperala para a cidadanía galega, como un proxecto público liderado polo goberno galego.