As 10 pezas máis vistas de Sermos en 2014

Relacionamos a seguir os 10 textos de Sermos Galiza que foron máis lidos en 2014, un ano en que o noso web incrementou a súa audiencia en termos de usuarios únicos e páxinas vistas (5,1 millóns).

pantallazo youtube
photo_camera Imaxes dos incidentes que resultaron no asasinato de Jimmy

1.-Chámase asasinato. Un artigo de Rodri Suárez.

Unha columna valente, a primeira en que se definiu como asasinato a criminal acción de neonazis do Frente Atlético que acabou coa vida do seareiro deportivista Jimmy.

2.-Como lles explico eu ás miñas fillas que seu pai vai ir á cadea sen facer nada?

Lacerantes declaracións de Serafín Rodríguez, un traballador condenado, canda o seu compañeiro Carlos Rivas, por exercer un dereito fundamental, participar nun piquete, durante a folga do transporte de 2008.

3.-A escritora Marta Rivera perde os nervios na defensa de “La Coruña”

Tanto os perdeu que após defender o uso do topónimo deturpado La Coruña chegou a afirmar nun chío: "Que no me toquen mucho las narices que empiezo a decir Rianjo".

4.-Carta de despedida de Begoña Caamaño.

Un texto fermosísimo, dirixido á cantora Uxía Senlle. Un vibrante canto á vida á altura da calidade da súa literatura. A de Begoña Caamaño foi unha perda irreparábel para as letras galegas e para o movimento feminista da Galiza.

5.-A surpreendente noção de empoderamento: uma crítica libertária. Un artigo de Teresa Moure.

Un artigo para o debate e para a polémica que non deixou indiferente a ninguén no mundo feminista galego. Un texto que axita conciencias, un texto para o pensamento e tamén para a acción.

6.-Morre Begoña Caamaño, a voz lila da literatura galega.

Poucas veces o desaparecimento dunha persoa causou tanta dor e tanta conmoción no mundo da cultura galega, proba de que Begoña Caamaño era unha muller tan valorada como escritora como querida polos seus valores como persoa -a súa fidelidade aos seus principios, a súa xenerosidade, a súa alegría-.

7.-Antidisturbios agreden cidadanía, alcaldes e deputadas diante do Parlamento galego.

Unha manifestación de mariñeiros do cerco foi duramente reprimida polas "forzas da orde". Brutalidade inconcebíbel nunha democracia minimamente avanzada da que tamén foron albo lexítimos representantes do pobo.

8.-Cadernos de Março, Abril e Maio. Un artigo de Carlos C. Varela.

Os artigos do xornalista e preso independentista -adoito ben documentados- costuman ter unha grande resposta por parte do público leitor de Sermos Galiza.

9.-O PP responde con represión policial o protesto do cerco

Un Parlamento secuestrado pola policía é a proba máis palpábel de que, con efeito, vivemos unha crise de réxime.

10.-A policía española a un cidadán: ''Gallego de mierda, me cago en tus muertos, en tu madre, en tu sangre''

Unha frase que se comenta por si mesma e que, en todo caso, mostra con absoluta crueza como a galegofobia continúa instalada na mentalidade de amplos sectores da sociedade española.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios