Outono Fotográfico leva a Brasil os seus 30 anos de experiencia

O festival Paraty em Foco de Río de Janeiro recibe unha mostra do evento ourensán. Para edicións vindeiras iniciaranse intercambios con galerías de São Paulo que viaxarán a Galiza.
Vitor Nieves na presentación en Paraty em foco
photo_camera Vitor Nieves na presentación en Paraty em foco

Martin Parr, Marcos López ou Peter Funch, ademáis de workshops de fotógrafos ou comisarios como Pietro Paolini, Tiago Santana, Claudi Carreras ou Michiel Munneke son algunhas das figuras internacionais de prestixio que este ano participarán no Paraty em Foco, o festival máis importante do Brasil e de renome en toda sudamérica. Este ano na súa 8º edición estivo presente o Outono Fotográfico de Ourense contando a súa experiencia de 30 anos de difusión desta arte visual.

Vítor Nieves, coordinador da Sección Oficial do Outono Fotográfico, foi o encargado de dar a coñecer nese evento o que xa é un referente en todo o Estado español. Nieves fixo un percorrido polas 90 salas que este ano acollerán o Festival que fundou Benito Losada en 1983, daquela con catro exposicións de catro fotógrafos nun só espazo expositivo en Ourense, e que na última edición chegou a ter 530 fotógrafos que participaron en 110 exposicións colgadas en 82 salas repartidas nas vilas e cidades do noso País.

Vítor Nieves, coordinador da Sección Oficial do Outono Fotográfico, foi o encargado de dar a coñecer a experiencia galega

Outono Fotográfico continúa coa súa expansión a través de intercambios e actividades con outras salas e festivais de todo o mundo. Na actualidade realiza actividades en Barcelona e participa no World Press Foto, o Concurso Purificación García ou o premio Luís Valtueña de Fotografía. Despois desta experiencia en Brasil o festival galego vai a realizar intercambios con galerías de São Paulo para, en palabras de Victor Nieves "internacionalizar a nosa arte e dar a coñecer a artistas brasileiros aquí".

Máis en Arte imaxe patrimonio
Comentarios