“Rabat” escollida mellor longametraxe de ficción no Amal 2012

Unhas 7.000 persoas participaron no Festival Euroárabe Amal que se celebrou estes días en Compostela. "Rabat" conseguiu tres galardóns, mellor longametraxe de ficción, mellor actor foi compartido para Nasrdin Dchar, Achmed Akkabi e Marwan Kenzari, e o de mellor director para Jim Taihuttu e Victor Ponten. O premio á mellor actriz foi para Soufia Issami.
Xurado do Festival Amal 2012
photo_camera Xurado do Festival Amal 2012

 
A edición 2012 do Festival de Cine Euroárabe Amal que se celebrou en Compostela conseguiu este ano un éxito de particición que confirma a consolidación dun proxecto que xurdiu hai dez anos da Fundación Araguaney. Máis de 7.000 persoas asistiron aos pases das 31 películas que participaron na selección oficial. O xurado deste ano, composto por Dna. Sanâa Alaoui, Presidenta do xurado, D. Tahar Houchi, Dna. Maria Mera, D. Afonso Pato, D. Khaled El Haggar e D. Jesús Núñez Villaverde, así como Coralie Yap Chine, Coordinadora do Festival non o tiveron nada doado pola grande calidade das creacións presentadas.

Premios

Os premios desta edición son:

Mellor longametraxe de ficción: 5.000 euros e trofeo a “Rabat”, de Jim Taihuttu e Victor Ponten, Países Baixos (2011)
 
Mellor longametraxe documental: 3.500 euros e trofeo a “Le thé ou l`electricite”, de Jerome Le Maire, Bélxica/Marrocos (2012)
 
Mellor curtametraxe de ficción: 1.200 euros e trofeo a “Ensemble”, de Mohamed Fekrane, Francia (2011)
 
Mellor curtametraxe documental: 1.200 euros e trofeo a “Eid”, de Saaheb Collective, Palestina (2011)
 
Mellor director: 4.000 euros e trofeo a Jim Taihuttu e Victor Ponten, de “Rabat”, Países Baixos (2011)
 
Mellor actriz: Trofeo a Soufia Issami, pola súa interpretación en “Sur la planche”, de Leila Kilani, Marrocos/Francia (2011)
 
Mellor actor: Trofeo a Nasrdin Dchar, Achmed Akkabi e Marwan Kenzari de “Rabat”, Países Baixos (2011)
 
Premio Amal Express de 500 euros e trofeo a “El juego de la corrupción”, de Ramón Herrera e Álvaro Menéndez
 
Premio da TVG de 3.000 euros, 3 pases da película na cadena e trofeo a longa de ficción “Sur la planche” de Leila Kilani, Marruecos/Francia (2011)
 
Premio del público de 1.500 euros e trofeo a “Sherezade et le dèlice casher” de Agnès Caffin, Francia (2010)

Máis en Arte imaxe patrimonio
Comentarios