O cine euroárabe volve a Compostela da man do Festival 'Amal'

A X Edición celebrarase en Compostela do 14 ao 20 de outubro. Dos 700 traballos audiovisuais presentados seleccionáronse 31 películas, a maior parte de Exipto, Francia, Bélxica, Palestina, Alemaña, Emiratos Árabes Unidos e o Estado español.

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas conseguiu, ao longo destes dez anos de proxeccións do Festival 'Amal', interesarnos polo audiovisual de temática árabe. Superando as dificultades de información e distribución consolidouse como un dos encontros máis atraentes, tanto que nesta edición presentáronse 700 obras das cales se seleccionaron 31 que poderán visionarse entre os días 14 e 20 de outubro no Hotel Araguaney e no Teatro Principal de Compostela. Como recoñece o propio director do festival, Ghaleb Jaber Martínez, o proceso de escoller as finalistas da selección oficial "foi complicado" para un xurado composto por especialistas.

Participación internacional e voluntariado
Películas de máis de quince países, a maior parte de Exipto, Francia, Bélxica, Palestina, Alemaña, Emiratos Árabes Unidos e o Estado español, terán unha única oportunidade de visitar o noso país e estar a disposición do público. Ademais este ano o festival celebra o seu décimo aniversario con varias actividades que complementan a oferta audiovisual. Eses días haberá música, danza, gastronomía, que se darán a coñecer a principios de outubro. 

A organización do festival abriu as portas ao voluntariado que queira colaborar de xeito desinteresado no Festival. "A intención é que se implique o maior número de xente posíbel", apuntan, "para que o festival se manteña moi vivo e fresco". Calquera persoa maior de 18 anos pode ser voluntaria se envia a súa solicitude antes do 15 de setembro. 

TRAILER CARTA A SASHA from LINE UP Shorts on Vimeo.

Selección oficial do Festival internacional de cine euroárabe AMAL 2012

Categoría Longametraxe de Ficción
• Rabat, Jim Taihuttu e Victor Ponten, Países Baixos (2011)
• Le Cochon de Gaza, Sylvain Estibal, Francia/Alemaña/Bélxica (2011)
• Asmaa, Amr Salama, Exipto (2011)
• Sur la planche, Leïla Kilani, Marrocos/Francia (2011)
• Le Repenti, Merzac Allouache, Arxelia/Francia (2012)
• Sur la route du Paradis, Uda Benyamina e Malik Rumeau, Francia (2011)

Categoría longametraxe documental
• Le thé ou l’électricité, Jérôme le Maire, Bélxica/Marrocos (2012)
• Hamama, Nujoom Alghanem, EAU (2010)
• Les Passionnés, Walid Tayaa, Túnez (2010)
• Under the sky, Quds Art, Palestina/Estado español (2012)
• La Vierge, les coptes et moi, Namir Abdel Messeeh, Francia (2012)
• Syrie, le crépuscule des Assad, Vincent de Cointet, Francia (2010)
• Fuego sobre el mármara, David Segarra, Venezuela (2010)
• Buenos Aires, Beirut, Buenos Aires, Hernán Belón, Qatar/Arxentina (2011)
• Bromas aparte, Vanessa Rousselot, Francia/Líbano (2010)
• A balloon for Allah, Nefise Özkal, Noruega (2010)

Categoría curtametraxe de ficción
• Octobre noir, Florence Corre e Aurel, Francia (2011)
• House, Ahmad Saleh, Jordania/Alemaña (2011)
• To Balbeek, Samir Syriani, Líbano (2011)
• Ensemble, Mohamed Fekrane, Francia (2011)
• Partage, Salah Ghuwedr, Libia (2010)
• Punkt Mannen, Foad Aram, Suecia (2012)
• Shérézade et le délice casher, Agnès Caffin, Francia (2010)
• Ostora, EAU (2012)
• Carta a Sasha, Javier Reverte, España (2012)

Categoría curtametraxe documental
• Eid, Saaheb Collective, Palestina (2011)
• Cubic Meter, Yousef Mahmoud, Exipto (2010)
• Made of glass, Nadine Salib e Sameh Alaa, Exipto (2011)
• Living in the Nile, Mohamad El Wassify, Egipto (2010)
• Sur le mur, Osama El Wardani, Egipto (2011)
• En attente, Naël Khleifi, Bélgica (2011)

Máis en Arte imaxe patrimonio
Comentarios